Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia expón en Madrid a súa experiencia en compra pública de innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia expón en Madrid a súa experiencia en compra pública de innovación

S. P.
Publicado: 08/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250408xornadagainmadrid_1.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, interveu este 8 de abril nunha mesa redonda sobre a Compra Pública de Innovación (CPI) en España, no marco da xornada A Compra Pública de Innovación en España: pasado, presente e futuro organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) e a consultora Incotec. Na mesa, moderada por unha representante da Fundación COTEC, interviron membros do Ministerio de Ciencia, do Centro para el Desarrollo Tecnológico y la Innovación, da Junta de Andalucía e do Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE).
Cotelo debullou a experiencia da Xunta con esta ferramenta clave para a transformación do sector público e o fortalecemento do tecido innovador galego. Segundo salientou, Galicia “foi pioneira no período 2007-2013, no que executou o 40 % do importe dos proxectos de Compra Pública de Innovación de toda España e, actualmente, constitúe unha política transversal da Xunta na que todas as consellerías están a traballar activamente na identificación de retos e no deseño de proxectos”. A directora de GAIN tamén lembrou que “na convocatoria de 2024 Galicia conseguiu ter case a metade das propostas de toda España con 8 proxectos de distintas temáticas e, a semana pasada, presentáronse os proxectos candidatos á convocatoria de 2025”.
A directora da Axencia indicou que esta ferramenta “permite responder de forma máis eficaz a retos públicos complexos, axuda a prestar mellores servizos á cidadanía, a incorporar solucións punteiras e a fortalecer o tecido empresarial innovador”. En canto ás boas prácticas postas en marcha no Executivo galego nesta materia, apuntou “unha gobernanza clara e transversal, con espazos estables de coordinación como a Comisión Interdepartamental de I+D+i ; apoio técnico especializado, como o que ofrecerá a nova unidade de Compra Pública de Innovación da Axencia Galega de Innovación, e unha avaliación e mellora continua”.
En canto ás expectativas de futuro, Carmen Cotelo destacou que “hai desafíos pendentes” e cómpre “seguir traballando en mellorar capacidades, marcos xurídicos, formación e acompañamento, pero aspírase a que este mecanismo se consolide como unha iniciativa pública transformadora, capaz de anticipar necesidades, mobilizar talento e xerar solucións con impacto positivo na vida das persoas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?