Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: María Rivas visitou Lousame, un dos 51 concellos rurais onde o Goberno impulsará a 5G
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

María Rivas visitou Lousame, un dos 51 concellos rurais onde o Goberno impulsará a 5G

S. P.
Publicado: 08/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

maria_rivas_e_teresa_villaverde_lousame.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este luns 7 de abril o concello de Lousame, onde destacou a aposta do Goberno por dotar ao rural galego de máis e mellores servizos “que axuden a fixar poboación” e fixo balance dos proxectos levados a cabo polo Concello apoio de fondos estatais. Rivas repasou estes investimentos, que superan o medio millón de euros, na compaña da alcaldesa, Teresa Villaverde.
María Rivas indicou que entre estas achegas do Goberno atópanse os máis de 212.000 euros do programa DUS5000 para a redución da contaminación lumínica e a mellora da eficiencia da iluminación pública, os 137.000 do IDAE para eficiencia enerxética ou os 168.000 euros para a musealización dixital e a adecuación do edificio histórico das minas de San Finx. Este investimentos, dixo, “teñen como fin mellorar a vida dos veciños e veciñas de Lousame”. A este diñeiro hai que engadir os máis de 14.000 euros que o concello recibiu desde 2018 no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
A subdelegada aproveitou a visita para anunciar que Lousame é un dos 51 concellos de menos de 10.000 habitantes da provincia que se van a beneficiar do programa para ampliar a conectividade 5G no rural, un programa que conta cun investimento de 9,3 millóns de euros e que vai beneficiar 13.000 habitantes na provincia.
“Queremos un rural vivo; que a xente do rural poida vivir nel e atraer nova poboación”, indicou Rivas, que sinalou que para” iso fan falta medidas decididas como as que está a tomar o Goberno, que a finais deste ano conta con dotar a todo o territorio de conexión a Internet de alta velocidade”. O reto demográfico, engadiu, “é un reto de país e a transformación dixital xoga un papel crucial. Pór esta tecnoloxía ao alcance de todos é unha forma de construír unha sociedade máis xusta e adaptada ao progreso”, apuntou.
Nesta liña, a subdelegada tamén destacou A Administración Preto de Ti, un programa que simplifica as relacións coa Administración grazas á obtención do certificado dixital, “que é a chave que permite realizar de forma telemática máis do 90% das xestións e das comunicacións coa Administración Xeral do Estado”, desde trámites básicos como as prestacións, o pago de impostos, permisos de condución, abono de taxas públicas, solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a solicitude de subvencións, que en moitos dos casos só pódense xestionar de maneira telemática.
“A mellora da conectividade e das competencias dixitais son dúas actuacións que van da man para dotar á cidadanía das ferramentas para poder desenvolver a súa vida sen a necesidade de desprazarse”, afirmou Rivas, que incidiu na importancia do programa, que “reforza a presenza do Estado no territorio, en particular, nos municipios menos poboados”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?