Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rodaxe en Vigo da serie Marusía recibe a visita de José López Campos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rodaxe en Vigo da serie Marusía recibe a visita de José López Campos

S. P.
Publicado: 10/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20250410-luisa_sanchez-marusia01.jpgA serie de televisión Marusía. Vientos de honor fílmase estes días no recinto da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada, en Vigo, onde o equipo de rodaxe recibiu este 10 de abril unha visita de varios representantes institucionais, entre os que se atopaba o conselleiro de Cultura e Lingua, José López Campos, o director da axencia AGADIC, ou a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, entre outras/os.
A Xunta subvenciona con 300.000 euros a rodaxe en Galicia desta nova produción da produtora de contidos Mediaset España, ambientada na Escola Naval Militar de Marín e con diferentes localizacións na provincia de Pontevedra.
A visita incluíu un percorrido polo set de rodaxe guiada polos responsables de Mediaset e das outras dúas produtoras implicadas no proxecto: Unicorn Content e a compañía galega CTV, beneficiaria da devandita axuda autonómica para a súa participación nesta rodaxe.
López Campos felicitounos polo avance dos traballos, ao tempo que lles agradeceu ter escollido a nosa Comunidade para o desenvolvemento dos oito episodios desta serie de ficción que será programada no prime time de Telecinco.
O conselleiro tamén tirou proveito desta visita á rodaxe para felicitar ao cineasta galego Oliver Laxe e a director Carla Simón, cuxos filmes, Sirat e Romería, competirán pola Palma de Ouro do Festival de Cannes. “Celebramos un fito sen precedentes para o noso audiovisual”, salientou o conselleiro, quen destacou que “por primeira vez na historia”, dúas películas producidas ou filmadas en Galicia están seleccionadas neste prestixio certame internacional, “e as dúas con apoio da Xunta”, apuntou.
O apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude á serie Marusía materialízase a través da liña de subvencións para a atracción de rodaxes a Galicia, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Este fondo, do que proximamente se lanzará a convocatoria de 2025, ten como obxectivo impulsar a proxección da nosa Comunidade como escenario de producións audiovisuais lideradas tanto por empresas de aquí como do resto de España e Europa, co conseguinte impacto económico tanto nas localidades que acollen as rodaxes como no conxunto da industria audiovisual galega. Neste sentido, os 2.000.000 euros cos que se dotou en 2024 foron adxudicados a sete proxectos: ademais de Marusía, as longametraxes Romaría, Rondallas, Dímelo bajito e Me has robado el corazón máis as series Garbo e Clanes.
No caso de Marusía, os traballos de gravación comezaron a finais de marzo e están a ter lugar tanto na propia Escola Naval Militar de Marín como noutras localizacións deste concello e do resto da provincia de Pontevedra.
Esta creación de Ignacio del Moral, Begoña Álvarez e Laura Belloso está protagonizada por Lucía Jiménez e Alfonso Bassave, á cabeza dun reparto que conta con 25 actrices e actores galegos, como Paloma Stewart, Darío Loureiro, Nacho Castaño, Iria Parada, Alejandra Granell, Dani Trillo ou María Mera.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?