Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS constata o potencial da IA e os buscadores para ofrecer datos médicos útiles, pero “cun uso informado”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS constata o potencial da IA e os buscadores para ofrecer datos médicos útiles, pero “cun uso informado”

S. P.
Publicado: 10/04/2025
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

De esquerda a dereita: David Losada, Marcos Fernández Pichel e Juan Carlos Pichel. Foto: Andrés Ruiz
De esquerda a dereita: David Losada, Marcos Fernández Pichel e Juan Carlos Pichel. Foto: Andrés Ruiz
Un estudo do CiTUS da USC publicado na revista científica NPJ Digital Medicine do grupo Nature analiza o grao de veracidade das respostas que se obteñen na Internet ante dúbidas relacionadas coa saúde, xa sexa a través de buscadores convencionais ou ferramentas de Intelixencia Artificial. O equipo de especialistas en Recuperación de Información, Minería de Textos e Computación de Altas Prestacións do CiTIUS da USC seleccionou unha mostra de buscadores web e modelos de Intelixencia Artificial (IA) para analizar o comportamento destes sistemas ante as consultas médicas realizadas polo público xeral.
O traballo propón unha dúbida razoable no contexto actual: resulta máis fiable buscar información sobre síntomas médicos nun buscador tradicional ou facelo a través dunha intelixencia artificial conversacional?
“Antes falabamos do doutor Google e agora súmanse as IAs”, sinalan os autores, “e por iso queriamos saber ata que punto estas ferramentas proporcionan respostas médicas correctas, que tipo de erros cometen e como podemos combinalas para sacar o mellor de cada unha”.
O estudo avaliou o rendemento de catro motores de busca tradicional (Google, Bing, Yahoo e DuckDuckGo) e sete modelos de IA conversacional, entre os que destacan sistemas de propósito xeral como ChatGPT e LLaMA3, ou MedLLaMA, un modelo adestrado especificamente para proporcionar respostas a preguntas médicas. Os investigadores mediron a capacidade de todas estas tecnoloxías para ofrecer respostas médicas correctas ante un conxunto de consultas estandarizadas, valéndose para acadar este obxectivo dunha batería de preguntas médicas reais.
“Entre os achados máis relevantes do estudo”, apunta Marcos F. Pichel, primeiro autor do traballo, “obsérvase que os motores de busca tradicionais ofrecen entre un 60% e un 70% de respostas correctas dentro dos vinte primeiros resultados, aínda que moitas das páxinas recuperadas son irrelevantes ou non achegan información clara para resolver a dúbida médica”.
En canto ao uso de IAs, o investigador posdoutoral do CiTIUS recoñece unha maior porcentaxe de acertos, aínda que alerta de que o seu uso non está exento de riscos: “As intelixencias artificiais conversacionais presentan unha taxa de acerto superior, que oscila entre o 80% e o 90%, pero poden incorrer nun problema característico deste tipo de sistemas: a xeración de respostas falsas expresadas con gran seguridade, o que coñecemos como alucinacións”.
A análise de erros realizada ao longo do estudo permitiu agrupar os fallos en tres grandes categorías: aqueles que contradín o consenso médico establecido (“os máis preocupantes”); os que xorden dunha mala interpretación da IA ante a pregunta formulada; e os que dan lugar a respostas demasiado vagas ou imprecisas que, na práctica, non proporcionan unha axuda real a quen a necesita.
Outro dos autores, o catedrático en Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores da USC Juan Carlos Pichel, subliña a importancia do xeito en que se formulan as preguntas: “Os modelos son moi sensibles ao contexto”, afirma, sinalando que un prompt (mensaxe de consulta) ben deseñado pode mellorar moito a resposta. “Aínda que tamén podería ocorrer o contrario: unha pregunta ambigua xera respostas perigosas”, afirma. “Un dos riscos máis serios que detectamos co uso das IAs é que, se non entenden ben a pregunta ou carecen de contexto suficiente, poden ofrecer consellos pouco seguros”, advirte.
O traballo afonda na idea de que a maneira en que se formula a pregunta ten un impacto crucial na calidade da resposta. “Unha mesma IA pode dar o salto de equivocarse a acertar, simplemente reformulando o prompt”, conclúe Pichel.
Para o catedrático de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da USC David Losada, unha parte clave do traballo é a que explora o modo de enriquecer as IAs con resultados obtidos por motores de busca, empregando para iso técnicas de xeración aumentada por recuperación (máis coñecidas como RAG – Retrieval-Augmented Generation, polas súas siglas en inglés). “Inxectar resultados web no prompt permite a IAs máis lixeiras, menos custosas de adestrar e por tanto, máis eficientes, razoar a partir de información externa e actual para xerar respostas acertadas, sen necesidade de ter toda a información pre-almacenada nos seus parámetros. É unha estratexia moi prometedora para sistemas médicos asistidos por IA, xa que presenta un horizonte de futuro seguro e sostible”, afirma Losada.
“Os resultados do noso traballo mostran que as IA conversacionais adoitan ofrecer respostas máis precisas e enfocadas que os buscadores, pero tamén poden incorrer en erros graves”, explica Losada. “O problema dos motores de busca é que devolven moita información irrelevante ou ambigua. A IA, pola contra, ofréceche unha única resposta, que pode ser boa ou estar completamente equivocada”, advirte.
O estudo conclúe que tanto buscadores como IAs teñen potencial para ofrecer información médica útil, pero requiren dun uso informado. “A nosa mensaxe non é elixir entre un ou outro, senón aprender a usalos ben e saber cando desconfiar”, apuntan, ao tempo que insisten na necesidade de formación, tanto para o público xeral como para profesionais sanitarios. “Non se trata de prohibir nin de substituír, senón de comprender como funcionan estas tecnoloxías e aprender a sacarlles partido de forma crítica e informada. No mellor dos casos, tanto buscadores como IAs cometen entre un 10 e un 15% de erros, e en temas médicos, esa marxe pode ser moi delicada se non se detecta a tempo”, alertan.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?