Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira participa nun proxecto internacional pioneiro para preservar dixitalmente os seus rexistros históricos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira participa nun proxecto internacional pioneiro para preservar dixitalmente os seus rexistros históricos

S. P.
Publicado: 10/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ribeira_dixitalizacion_arquivos.jpgO Arquivo Municipal de Ribeira converteuse nestes días nun espazo de traballo cunha proxección global. O responsable é Andre Figueira, experto dixitalizador que desenvolve o seu labor dentro dun ambicioso proxecto internacional de dixitalización documental, impulsado pola Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días e coordinado desde Salt Lake City (Utah, EUA). Trátase de Family Search. O obxectivo é preservar e facilitar o acceso aos rexistros históricos civís e relixiosos de todo o mundo.
“Actualmente estamos dixitalizando os rexistros do Cemiterio de Ribeira desde o ano 1927. É un traballo meticuloso, pero sumamente enriquecedor: cada documento que tratamos é unha parte da memoria colectiva dunha comunidade. Normalmente dixitalizamos uns 6.000 documentos por semana”, explica Figueira, quen leva anos traballando neste proxecto en diferentes países.
O seu traballo forma parte dunha rede global de máis de 500 expertos no tratamento de arquivos e na súa preservación, repartidos por máis de 150 países, que colaboran con arquivos municipais, dioceses, parroquias e outras entidades que custodian documentación histórica. Para facernos unha idea do volume de traballo que manexan, explicou que xa foron dixitalizados máis de 1.500 millóns de rexistros, moitos deles accesibles a través dunha plataforma en liña.
ribeira_participa_nun_proxecto_internacional_pioneiro_para_preservar_dixitalmente_os_seus_rexistros_historicos.jpg“Levamos xa moito tempo aplicando Intelixencia Artificial para cruzar datos e recoñecer nomes, datas e lugares nos documentos históricos. Todo este traballo ten como finalidade a creación dunha gran árbore xenealóxica mundial, unha ferramenta que permite a calquera persoa explorar a súa historia familiar con profundidade”, explicou Andre Figueira.
Desde o Concello, o edil de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta Colomer, valorou de maneira moi positiva a presenza de Andre nos arquivos municipais: “A dixitalización dos arquivos é hoxe unha tarefa crucial. Dende o Concello estamos comprometidos con este obxectivo e estamos facendo esforzos para modernizar e preservar toda a nosa documentación histórica. A colaboración con proxectos internacionais coma este permítenos avanzar máis rápido e con maiores garantías de calidade e conservación”.
Suárez-Puerta sinalou tamén que a vontade do Concello é continuar esta liña de traballo no futuro: “Andre está agora centrado nos rexistros de enterramentos, pero terá sempre as portas abertas para continuar, por exemplo, coas partidas de nacemento. Esta colaboración ten un valor incalculable para Ribeira”, comentou.
O concelleiro tamén destacou que desde a área de Novas Tecnoloxías estase a traballar na dixitalización doutros fondos documentais de grande interese histórico: “Temos previsto dixitalizar a documentación histórica da Lonxa e outros rexistros vinculados ao mar. A actividade pesqueira foi, e segue sendo, o motor da nosa cidade. Coñecer mellor esa historia é tamén unha maneira de recoñecer o esforzo das xeracións anteriores e de poñer en valor o que somos hoxe”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?