Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Facenda anuncia que seguirá simplificando con novas ferramentas a asistencia aos contribuíntes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Facenda anuncia que seguirá simplificando con novas ferramentas a asistencia aos contribuíntes

S. P.
Publicado: 11/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

iphone_atriga_04.jpgA Xunta a través da Consellería de Facenda, anunciou que vai utilizar as novas tecnoloxías da información para “seguir simplificando a asistencia aos contribuíntes e para axilizar e personalizar os trámites coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)”, que, segundo fixo saber o dito departamento da Administración autonómica, “mellorará os sistemas de información e axuda a través do web, a aplicación, a videoasistencia e a asistencia presencial”.
O Diario Oficial de Galicia (PDF) publica este venres 11 de abril as liñas xerais do Plan de control tributario do exercicio 2025, que reforza as liñas de actuación desenvolvidas pola ATRIGA desde a súa posta en marcha no ano 2013. O documento recolle a incorporación das novas tecnoloxías ao control tributario para “conseguir unha Administración que se achegue á cidadanía, facilitándolle o acceso á información e aos seus servizos, maior axilidade na tramitación e redución nos tempos de resposta, o que redundará na mellora da calidade e eficiencia do servizo ofrecido”.
Así, a nova web da ATRIGA terá novos contidos e desenvolveranse ferramentas e contidos específicos para o contribuínte, como asistentes virtuais. Ademais, publicarase o catálogo de servizos de asistencia, que permitirá aos cidadáns coñecer os servizos que ofrece a Axencia, así como as súas canles de acceso. Ao actual modelo de asistencia sumarase a atención a través de videoasistencia, pensado para as persoas con máis dificultade no manexo dos sistemas informáticos.
A maiores, o plan inclúe a posta en marcha dos traballos para o redeseño da Oficina Virtual Tributaria (OVT) e a súa simplificación para facilitar a presentación de trámites, amais dunha actualización dos programas de axuda e o deseño de novos formularios web máis comprensibles “que mellorarán a experiencia do usuario”, explicaron fontes da Consellería de Facenda, engadindo que os servizos dispoñibles a través da aplicación “iranse tamén incrementando e impulsarase a creación dun centro de atención integral ao contribuínte”.
O plan de control recolle a continuación da atención preferente a maiores de 65 anos, tanto por teléfono como por vía presencial. Ademais, á asistencia na confección da autoliquidación do imposto pola transmisión onerosa de medios de transporte usados (modelo 620), vaise engadir o mesmo servizo para facer a autoliquidación do Imposto de Transmisións e Actos Xurídicos Documentados (modelo 600).
A ATRIGA quere continuar tamén cos programas informativos que buscan o fomento da conciencia fiscal colectiva da cidadanía e que contempla charlas informativas dirixidas tanto a escolares como a universitarios, para incidir na educación tributaria dos máis novos, así como campañas de sensibilización contra o fraude fiscal dirixidas á poboación xeral.
Amais, quere diminuír a inseguridade xurídica e ampliar as canles de comunicación cos profesionais, compartindo os criterios de tributación con asesores fiscais e outros operadores xurídicos, así como coñecer os problemas que estes atopan na tributación de determinadas operacións ou no cumprimento das obrigas formais. Nesta liña, seguirá promovendo foros de intercambio de coñecemento como congresos, encontros ou xornadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?