Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O galego mellorará a súa presenza no mundo dixital grazas aos 10.000 fragmentos de voz do Validatón
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O galego mellorará a súa presenza no mundo dixital grazas aos 10.000 fragmentos de voz do Validatón

S. P.
Publicado: 11/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

validaton_2025.jpgO Proxecto Nós e o Instituto da Lingua Galega (ILG) impulsaron este 10 de abril unha nova edición (a segunda) do Validatón 2025, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego para contribuír á creación de recursos para a nosa lingua en Common Voice, unha plataforma pública de datos de voz. A actividade estivo dirixida a estudantes da Facultade de Filoloxía da USC e constou de dúas fases: unha en liña con contribucións en Common Voice ata as 12.00 horas e unha segunda presencial no ILG pola tarde. O Validatón 2025 pechou cun balance de 10.000 fragmentos de audio revisados e gravados durante a fase en liña, que supoñen 13 horas de contribución aos datos de voz en galego en Common Voice: 6 de gravación e 7 de validación.
Ademais, na fase presencial deste xoves en Filoloxía, os participantes crearon un total de 1.920 frases que se engadirán á plataforma para a súa lectura.
A actividade premiou a participación en tres categorías: Víctor Pose, en gravación de fragmentos de voz; Álex Rodríguez Guisantes, en validación de audios; e Lucía López Lires, en xeración de frases. Tamén foi recoñecida como campioa global Noa Sobrino Lamas por “ser a persoa con máis contribucións totais”. Todos eles recibiron premios en metálico grazas ao apoio de Atlantic Ponte e Imaxin Software. En total, unha trintena de persoas participaron nesta segunda edición do Validatón.
ganadores_validaton_2025.jpgA participación no Validatón foi posible en tres categorías: gravación de fragmentos de voz, validación de audios e xeración de frases. As gañadoras foron as persoas con máis contribucións totais e máis as gañadoras de cada categoría.
O ILG e o Proxecto Nós lembraron que para adestrar modelos de recoñecemento da fala cómpre utilizar grandes corpus de datos orais, “pero a maioría, en especial os que usan as grandes compañías, son datos pechados e non están dispoñibles”. Neste sentido, Common Voice, ao ser unha plataforma pública de datos de voz alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo, “axuda a que as tecnoloxías sexan accesibles para quen as queira desenvolver”, explicaron, engadindo que “as persoas contribúen a Common Voice doando a súa voz e tamén xulgando como válidas ou non as doazóns feitas por outras persoas, xerando deste xeito ese corpus público que permitirá que no futuro distintas aplicacións informáticas poidan comprender as persoas que falen en galego”.
Outra iniciativa
Alén do Validatón, os coordinadores do Proxecto Nós lembran que o alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela tamén pode contribuír a mellorar a presenza do galego no mundo dixital participando nunha actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego certificada pola USC como formación a través do recoñecemento dun crédito ECTS.
Proxecto Nós
O Proxecto Nós é unha iniciativa para situar o galego xunto coas linguas máis desenvolvidas no ámbito da tecnoloxía da lingua e a Intelixencia Artificial. O seu obxectivo principal é xerar os recursos necesarios para facilitar o desenvolvemento de servizos e produtos baseados na tecnoloxía da lingua como asistentes de voz, tradutores automáticos ou axentes conversacionais.
En paralelo, o proxecto promove tamén a presenza dixital do galego, facilitando a creación dunha ampla variedade de ferramentas e recursos de alta calidade e de uso libre, algunhas das cales xa están á disposición e accesibles a través da web do proxecto para calquera persoa, institución, organización ou empresa que queira desenvolver un produto tecnolóxico, aplicación ou servizo que incorpore a lingua galega. Deste xeito, ademais de garantir os dereitos lingüísticos da comunidade galegofalante no mundo dixital, tamén se contribuirá á modernización e dixitalización do ecosistema de empresas galegas e á creación de valor con novos produtos que empreguen o galego.
O Proxecto Nós é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Lingua (Xunta) cuxa execución foi encomendada á Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través de dúas entidades punteiras de investigación en Intelixencia Artificial e Tecnoloxías da linguaxe: o ILG e o CiTIUS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?