Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xuvenciencia XIII, dotada con case un cento de prazas, abre preinscrición o 9 de maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xuvenciencia XIII, dotada con case un cento de prazas, abre preinscrición o 9 de maio

S. P.
Publicado: 11/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xuvenciencia_campus_de_lugo_usc.jpgXuvenCiencia conmemora este 11 de abril o Día Internacional das Universidades para a Infancia e faino co anuncio de que a décimo terceira edición do seu Campus de Verán desenvolverase en Lugo do 29 de xuño ao 5 de xullo. As 95 prazas desta nova vaga de rapazada xuvencientífica súmase aos máis de 1.200 adolescentes que xa pasaron polas doce edicións anteriores. A preinscrición da nova convocatoria ábrese o 9 de maio.
Grazas a actividades como o Campus de Verán XuvenCiencia, as persoas participantes “irrompen nas facultades e centros universitarios cunha morea de preguntas e inzados de curiosidade, á espreita de poder coñecer, tocar e experimentar nos laboratorios e aulas onde traballa o persoal investigador que realiza os descubrimentos que moven o mundo”, destacan dende o equipo de XuvenCiencia, engadindo que “consideramos que esta fascinación polo coñecemento na nenez, na que pode prender a faísca tanto dunha carreira futura como unha vida adulta con máis recursos e saberes, é un motivo de celebración”.
Unha ferramenta de utilidade
No caso concreto do Campus de Verán XuvenCiencia a consultaría social cooperativa aToupa acaba de realizar unha análise das enquisas de satisfacción que o alumnado responde desde a primeira edición, que tivo lugar en 2013. “Grazas a este informe constatamos que o campamento científico do Campus de Lugo resulta unha ferramenta que lle é útil ao alumnado adolescente para rebaixar as incertezas sobre o seu futuro académico e/ou profesional”, destacan. Por unha banda, teñen o privilexio de entrar en facultades e centros de investigación reais e de partillar os proxectos máis punteiros de persoal investigador e profesorado da USC, ao tempo que coñecen o Campus de Lugo e a variedade de graos que se imparten. Por outra banda, unha gran maioría define XuvenCiencia como “unha experiencia desas que lles mudan as ideas e os preconceptos e na que fan amizades que conservarán o resto da vida”. Para divulgar o informe, aToupa elaborou un vídeo de resultados que difundimos a través da canle de YouTube de XuvenCiencia e para toda a rede da EUCU.NET, que está integrada por case oitenta centros de investigación e universidades de todo o mundo, dende Islandia a Exipto, Canadá, Brasil ou Australia, e que ten unha especial pegada en países do centro e do norte de Europa.
O Campus de Verán XuvenCiencia chega neste verán de 2025 á súa décima terceira edición, que regresa ás facultades, laboratorios, aulas e espazos do Campus de Lugo da USC entre o 29 de xuño e o 5 de xullo. Ofrécense nesta ocasión 95 prazas para estudantado de terceiro e cuarto cursos da ESO, BAC e ciclos medios de Formación Profesional, en réxime de pensión completa con aloxamento en residencias universitarias. O alumnado poderá iniciarse na investigación tanto nos eidos das ciencias naturais e da saúde como nos da enxeñaría, as ciencias sociais e as humanidades. O prazo para preinscribirse e reservar unha praza neste campamento científico abre o venres 9 de maio ás 15.30 horas na web de XuvenCiencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?