Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xuventude Mentoring beneficiou xa a máis de 1.000 participantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xuventude Mentoring beneficiou xa a máis de 1.000 participantes

S. P.
Publicado: 11/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

250411_cultura_xuventudementoring_dcs_004.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participaron esta mañá no encontro coas persoas mentoras do programa Xuventude Mentoring de formación innovadora para o emprego, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia coa participación de máis de 100 persoas participantes nalgunha das seis edicións xa celebradas.
Durante o acto, no que se entregaron trofeos conmemorativos a todas as persoas mentoras e titoras, o conselleiro agradeceu o labor altruísta e a implicación na mellora das oportunidades da mocidade galega. “todos os que estades hoxe aquí sodes auténticos referentes para unha xeración que busca camiños, apoio e confianza”. Lembrou que o programa conta cunha taxa media de inserción laboral superior ao 64% e que xa beneficiou a máis de 1.000 participantes.
Xuventude Mentoring é unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, conta coa colaboración do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia e as tres universidades galegas: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña. Ademais, conta co apoio de diversas asociacións profesionais, fundacións, concellos e empresas. Trátase dun programa integral de formación e acompañamento personalizado que busca facilitar a transición da mocidade cara ao mercado laboral. Dirixido a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ofrece titorías individualizadas, orientación profesional por parte de mentores expertos no seu sector, formación en competencias clave para o emprego (incluíndo habilidades dixitais, Intelixencia Artificial e competencias lingüísticas), así como actividades de networking e visitas a empresas.
250411_cultura_xuventudementoring_dcs_006.jpg A metodoloxía do programa baséase no apoio continuado dunha persoa titora e na vinculación directa co tecido empresarial galego, o que permite coñecer de primeira man o funcionamento do mundo laboral e ampliar redes de contacto profesionais.
“Esta combinación de aprendizaxe práctica, guía profesional e inmersión no ecosistema empresarial converte o programa nunha ferramenta de alto impacto para a empregabilidade xuvenil en Galicia”, salientou o conselleiro.
A Xunta destinou ao programa Xuventude Mentoring máis de 6,5 millóns de euros para a súa execución como parte do programa co-financiado polo FSE+ Galicia 2021–2027. Estes fondos permiten ofrecer formación de calidade, bolsas remuneradas, acompañamento personalizado e o establecemento dunha sólida rede de mentores e empresas colaboradoras en toda Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?