Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo lanza unha app gratuíta de emprego para conectar oferta e demanda
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo lanza unha app gratuíta de emprego para conectar oferta e demanda

S. P.
Publicado: 14/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

120425_a_deputacion_lanza_a_app_de_emprego_da_axencia_da_colocacion_web.jpgA Deputación de Lugo lanzou este mes de abril a aplicación móbil gratuíta DeputaciónLugo Emprego, e fíxoo co obxectivo de “facilitar o contacto entre persoas que buscan traballo e empresas que precisan incorporar persoal na provincia”. A ferramenta, que está xa dispoñible para iOS e para móbiles con sistema Android, supón en palabras da institución provincial “un avance na modernización dos servizos públicos de intermedación laboral que a institución provincial ofrece a través da súa Axencia de Colocación”.
Segundo engade a Deputacion, a ferramenta permite aos demandantes de emprego xestionar os seus perfís profesionais de “forma áxil” e “acceder de maneira inmediata ás ofertas de traballo publicadas pola Axencia de Colocación”. Ao mesmo tempo,” axuda ás empresas a axilizar a publicación das súas ofertas e mellorar os procesos de selección, adaptándoos mellor ás súas necesidades para atopar o persoal máis adecuado”.
Esta aplicación tamén responde a dous dos grandes retos do mercado laboral: o desemprego e a falta de persoal cualificado nas empresas. Permite ás persoas atopar traballo en Lugo e facilita que as empresas cubran as súas vacantes con candidatos cualificados, favorecendo a fixación de poboación no territorio.
A nova ferramenta forma parte da aposta da Deputación de Lugo pola innovación tecnolóxica e a modernización dos servizos públicos para facilitar o acceso ao emprego e fomentar a contratación local.
Respecto de como comezar a tirarlle proveito, as persoas que buscan traballo poden rexistrarse facilmente, subir o seu currículo e configurar o seu perfil profesional, recibindo alertas personalizadas con ofertas adaptadas aos seus intereses. Poden inscribirse de maneira rápida nas ofertas que lles interesen.
Pola súa parte, as empresas poden publicar as súas ofertas de emprego de maneira sinxela, aumentar a visibilidade das súas vacantes e recibir candidaturas filtradas e adaptadas ás súas necesidades, mellorando a xestión dos procesos de selección.
A Deputación de Lugo lembra tamén que conta cun servizo público de inserción laboral na provincia que ofrece gratis aos veciños e veciñas, empresas e colectivos lucences de toda a provincia. O seu obxectivo é “inserir no mercado laboral da provincia aos lucenses que busquen traballo, tanto aos que estean no paro como a aqueles que queiran mellorar a súa situación laboral como nas empresas ou entidades que estean a buscar novos traballadores e contribuír á xeración de novas entidades, axudando aos emprendedores”.
Conta cunha oficina presencial no Pazo de San Marcos, con horario de luns a venres dende as 09:00 horas ás 14:00 horas, onde axentes de emprego do organismo provincial atenden dende hoxe, de xeito persoal e individual, ofrecendo asesoramento, ás persoas que busquen traballo, ás que desexen mellorar a súa situación laboral ou ás que queiran emprender. Tamén se presta este servizo aos representantes de entidades ou asociacións da provincia que estean a buscar novos traballadores, orientándoos sobre os perfís que requiren, tendo en conta as súas necesidades, para mellorar ou ser máis competitivos.
Ademais desta oficina presencial, está operativa unha plataforma web na que se pode trasladar á Deputación toda esta información. Tamén se pode acceder á mesma dende a web da institución provincial, pois hai un banner de enlace directo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?