Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Secretaría da Lingua e Feiraco impulsan unha academia virtual de música tradicional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Secretaría da Lingua e Feiraco impulsan unha academia virtual de música tradicional

S. P.
Publicado: 14/04/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

lg-_feiraco_2025_1_.jpgA Secretaría Xeral da Lingua e a empresa láctea galega Feiraco (integrada na Cooperativa CLUN) presentaron este 14 de abril o seu programa conxunto de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano, como lembraremos, vai adicado ao cancioneiro popular galego e ás cantareiras. A axenda da Secretaría Xeral e Feiraco inclúe (a xeito de novidade) a posta en marcha dunha academia virtual de música tradicional, ademais do xa tradicional Certame de Microrrelatos. A iniciativa foi presentada esta mañá no IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela, nun emotivo acto guiado por Esther Estévez, que amadriñará por terceiro ano consecutivo as Letras Galegas de Feiraco.
“Que a nosa lingua se manteña viva ten sido, en gran medida, pola contribución do noso folclore e das nosas cantareiras que nunca deixaron de amala e empregala”, valorou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, sobre este proxecto “tan axeitado no ano en que as Letras Galegas se lle dedican ás cantareiras e á poesía tradicional oral”. Avanzou que a partir de hoxe estará dispoñible na páxina web vivefeiraco.es clases e titorías impartidas polo grupo Xacarandaina de iniciación á pandeireta, sobre os pasos básicos da muiñeira e tamén sobre ritmo e o ton no folclore. Todos estes vídeos iranse compartindo nas redes sociais ao longo de todos este mes de abril co obxecto de difundir “entre as novas xeracións a riqueza deste valioso patrimonio inmaterial e facer medrar o amor e interese por elas e, consecuentemente, pola nosa fala entre mocidade”, salientou Valentín García.
lg_2025_feiraco.jpgNeste senso, o secretario xeral da Lingua tamén agradeceu a colaboración de entidades como Feiraco nesta iniciativa, salientando a importancia de actos coma este “para reivindicar o valor dos nosos cantos e músicas non só como material creativo e artístico, senón para fortalecer a nosa lingua, crear comunidade e fornecer a memoria compartida”.
Pola súa banda, o director xeral de CLUN, Juan Gallástegui, tras agradecer a todos os presentes a súa colaboración, destacou que “detrás de cada litro de leite, de cada iogur, hai un traballo enorme dedicado á nosa terra. Por iso, cada ano apoiamos con moito ímpeto o Día das Letras Galegas. Este ano facémolo poñendo en valor que en Galicia hai talento por todas partes, porque si, Galicia é campo de artistas” e, concluíu, “nós traballaremos todos e todas xuntas para poñelo en valor e que siga habendo, moitos anos máis, un campo de vida e un campo de futuro”.
letras_galegas_2025_-_feiraco.jpgA directora do IES Rosalía de Castro, Gemma Paredes, en alusión ao XIII Certame de Microrrelatos, destacou que “é fundamental poñer en marcha este tipo de iniciativas para achegárllellas ás novas xeracións”.
Pola súa parte, a presidenta da asociación Xacarandaina, Patricia Miño, explicou o funcionamento da entidade, que leva traballando desde 1978 para educar e poñer en valor a música e a cultura galega: “Estamos moi contentos de poder colaborar nesta iniciativa e sentimos unha gran alegría polo recoñecemento a esas mulleres. Nós seguiremos traballando para manter e transmitir o seu legado na sociedade”.
XIII Certame de Microrrelatos
De maneira paralela, estará activo o tradicional XIII Certame de Microrrelatos, que este ano propón ás persoas participantes achegar a figura das cantareiras e da poesía tradicional ás novas xeracións. Deste xeito, as narracións deberán estar inspiradas en Galicia e ter de protagonista unha cantareira ou pandeireteira. O certame conta con dúas categorías: a xuvenil, dirixida a escolares a partir de 12 anos; e a adulta, para maiores de 18 anos. O prazo de recepción dos traballos en ambas as dúas modalidades estará aberto ata o 18 de maio.
Os premios
feiraco_letras_galegas_juan-lg2025.jpg O xurado do concurso, integrado por persoal da Secretaría Xeral da Lingua e da empresa láctea, valorará a orixinalidade, a creatividade, así como o coidado na redacción e o uso correcto da lingua galega. Unha pandeireta e unhas tarrañolas conmemorativas, xunto cun lote de produtos Feiraco, son os premios aos que optan.
Homenaxe de Feiraco ás Letras Galegas
A campaña de Feiraco para homenaxear as Letras Galegas desenvolverase baixo o lema Galicia é campo de artistas, apostando polo folclore tradicional como esencia da cultura galega. A iniciativa inclúe a creación dunha academia de folclore en colaboración co grupo Xacarandaina, destacada agrupación envorcada na difusión da música e do baile tradicional galego. Como dixemos, a través desta alianza gravaranse catro clases de folclore básico que estarán dispoñibles no enderezo web de Feiraco e que “pretenden lograr que todo o mundo sinta a música”. Versarán sobre Introdución á pandeireta, Pasos básicos da muiñeira, Ritmo folclórico e Ton no folclore.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?