Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Licitado o servizo de administración dos centros de procesos de datos da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Licitado o servizo de administración dos centros de procesos de datos da Xunta

S. P.
Publicado: 14/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

centro_procesamento_datos_xenerica_cpd.jpgO Consello de Goberno de Galicia autorizou a contratación do servizo de soporte e administración dos sistemas dos Centros de Procesos de Datos da Xunta (CPD), que xestionan as preto de 3.000 aplicacións da Administración autonómica, dan servizo a máis de 2.700 centros administrativos, a arredor de 118.000 empregados públicos e a toda a cidadanía galega. O contrato licitarase nos vindeiros días cun orzamento de 7,17 millóns de euros (IVE incluído) para os anos 2026 e 2027 e cun valor estimado de 14 millóns de euros, que contempla prórrogas por un pazo igual ou inferior aos 24 meses e as posibles modificacións.
O servizo contratado inclúe a planificación, deseño, implantación, xestión e optimización dos procesos de explotación e evolución das infraestruturas e plataformas que albergan os CPDs, ademais da monitoraxe e análise de rendemento e produtividade destes servizos.
O equipo de administradores ocuparase tamén da instalación, actualización, configuración e parametrización de elementos software e hardware dos sistemas informáticos así como das copias de seguridade, da xestión dos incidentes e das peticións de servizo.
O contrato establece un servizo de 24 horas os sete días da semana para garantir a dispoñibilidade duns sistemas clave para o funcionamento dos servizos dixitais da Administración autonómica. Nesta mesma liña, reduce o tempo de resposta a un incidente prioritario a cinco minutos desde a comunicación e a súa resolución a un tempo máximo de seis horas.
As funcións do equipo de administradores de sistemas abranguerán, tamén, o asesoramento técnico a nivel de arquitectura, hardware e software, a formación a persoal e o estudo de aplicación de solucións tecnolóxicas relacionadas coa operativa e as infraestruturas tecnolóxicas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
A axencia explica que “a complexidade de infraestruturas tecnolóxicas de sistemas fai indispensable complementar os recursos propios destinados á administración de sistemas”. Engade que o contrato “permitirá a súa xestión con horarios estendidos e recursos especializados para poder dar cobertura á ampla franxa horaria na que se realizan os despregues de aplicacións e outras tarefas de administración de sistemas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?