Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O posicionamento, Instagram e os contidos de mercadotecnia centran tres novos obradoiros de SmartPeme+
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O posicionamento, Instagram e os contidos de mercadotecnia centran tres novos obradoiros de SmartPeme+

S. P.
Publicado: 14/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_900x600-3.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta Semana Santa tres novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, todas elas en formato telemático e con inscrición previa, celebraranse entre o luns 14 e o mércores 16 de abril e afondarán en cuestións de interese para o tecido empresarial da provincia como son o posicionamento (SEO) en buscadores, o contido estratéxico para Instagram e a mercadotecnia (marketing) de contidos.
Este luns 14 ás 12:00 horas celebrarase o obradoiro telemático SEO para e-commerce. Posiciona a túa tenda en liña en Google. A acción, coordinada polo punto SmartPeme+ do Porriño, afonda nas técnicas de posicionamento en buscadores que axudan a mostrarse ao público obxectivo do comercio, coa finalidade de poder satisfacer as necesidades ou desexos cos produtos ofrecidos. Será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de marketing e dirección comercial, e enxeñeira técnica en Informática de Xestión, con preto dunha década de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. As inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O martes 15 ás 12:00 horas celebrarase tamén en formato telemático o obradoiro Crea contido estratéxico para o teu Instagram, coordinado pola oficina de Lalín. Os participantes aprenderán a crear contido visual atractivo para Instagram utilizando imaxes e deseños de impacto. Na acción explorarán que é o contido estático e como aproveitalo dentro da plataforma, aprenderán a empregar ferramentas como Snapseed e Canva para edición e deseño e a publicar estratexicamente para mellorar a presenza da súa marca. As inscricións para esta acción, impartida por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa, poden realizarse no formulario xa dispoñible.
Por último, o mércores 16 a partir das 11:00 horas a oficina de Ponteareas coordina o obradoiro telemático Marketing de contidos: como xerar unha estratexia efectiva. Este curso permitirá que as empresas cheguen á súa audiencia potencial dun xeito intelixente e emotivo para diferenciarse do resto ofrecendo contido interesante e valioso co que se sinta identificada e xerando empatía. As inscricións poden realizarse no formulario habilitado xa e será impartido por Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 obradoiros formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?