Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Día das Rapazas nas TIC celebra o 24 de abril a súa 13ª edición, organizada polo CESGA, o CPEIG e Igualdade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Día das Rapazas nas TIC celebra o 24 de abril a súa 13ª edición, organizada polo CESGA, o CPEIG e Igualdade

S. P.
Publicado: 15/04/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

moza_programa0d6-26304-2.jpgA Área de eLearning do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizan este mes de abril, xunto con Igualdade da Xunta, a 13ª edición do Día Internacional das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day), actividade destinado a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.
O evento celebrarase o vindeiro xoves, 24 de abril, de 11:00 a 13:30 horas na sede do CESGA. O acto será inaugurado pola directora da Axencia Galega da Innovación e presidenta do CESGA, Carmen Cotelo Queijo; a directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, María Quintiana Pérez; o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
A actividade, destinada ao alumnado de primaria e secundaria de Galicia, consistirá nunha charla que se retransmitirá en vivo a través de Internet, na que participarán profesionais galegas que contarán dun xeito inspirador a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos eidos para mellorar a vida de todas e todos.
Participarán na mesa redonda, moderada pola coordinadora da Área de eLearning do CESGA, María José R. Malmierca, catro destacadas tecnólogas galegas que traballan e investigan en ámbitos relacionadas coas novas tecnoloxías, desde perspectivas moi distintas: Marta Losada Estévez, Yolanda Blanco Fernández, Nadezhda Lucía Techera Salvador e Alejandra Lugilde (Simbeli en RRSS).
Desde uns 20 centros escolares máis de medio millar de estudantes poderán enviar preguntas e inquedanzas en directo para poder ter ese diálogo directo coas tecnólogas convidadas. Tamén de forma presencial e ao remate do coloquio, as estudantes presentes realizarán unha visita guiada ás instalacións do CESGA para coñecer o superordenador Finis Terrae III e o ordenador cuántico galego Qmio.
A inscrición para os centros aínda está aberta na web da Área de eLearning do CESGA.
dia_das_rapab2c2-b3d79.jpg E as relatoras do coloquio deste XIII Día das Rapazas nas TIC 2025 do CESGA serán:
– Marta Losada Estévez, graduada en Física pola USC e compañeira do CESGA. Está formándose no eido da Computación Cuántica co seu TFG e no Máster en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica da USC. Arestora forma parte dun grupo que está a desenvolver un simulador de computación cuántica distribuída.
– Yolanda Blanco Fernández, doutora en Enxeñería de Telecomunicación e profesora titular no Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo (UVigo). Traballa como investigadora en atlanTTic (Centro de Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo) onde ocupou a subdirección ata asumir o seu actual cargo como directora da Área de Dixitalización desta universidade. A súa actividade investigadora inclúe sistemas de personalización e recomendación (técnicas de modelado de usuarios e estratexias de filtrado), Web Semántica, desenvolvemento de servizos e aplicacións para redes móbiles ad-hoc e, no eido da Intelixencia Artificial, está centrada no emprego de modelos de Deep Learning baseados en arquitecturas Transformer para o procesado de linguaxe natural en diferentes dominios de aplicación.
– Nadezhda Lucía Techera Salvador, estudante do grao en Enxeñería Aeroespacial na UVigo e forma parte do departamento de Aerodinámica na asociación UVigo Motorsport, o único equipo galego na Fórmula Student, unha competición automobilística entre estudantes de universidades de todo o mundo que promove a excelencia na enxeñaría a través dun concurso de automóbiles onde cada equipo universitario deseña e constrúe un vehículo monopraza co que se compite.
– Alejandra Lugilde (Simbeli en RRSS), é enxeñeira informática de 29 anos especializada en Intelixencia Artificial, graduada pola Universidade Politécnica de Madrid en 2017. Conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de software, arquitectura de solucións e liderado de proxectos tecnolóxicos, salientando na modernización de plataformas na nube e na optimización de equipos técnicos. Na actualidade, desempeña dous roles clave: como Global GSC Practice Lead, dirixe no seu departamento a nivel global a estratexia e mellora dos procesos de traballo dos equipos, impulsando a eficiencia e a resolución de desafíos técnicos e organizativos; e como Technical Architect, lidera proxectos cloud de gran complexidade. Fóra do ámbito tecnolóxico, Alejandra tamén é coñecida en redes sociais como Simbeli_, onde suma máis de 3 millóns de seguidores e seguidoras en TikTok, Instagram e YouTube.
Para rematar sinalar que detrás da organización deste Día das Rapazas TIC se atopa: o Centro de Supercomputación de Galicia-CESGA (dependente de GAIN e CSIC), Igualdade da Xunta de Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática (CPEIG) e a colaboración do CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes).
Engadir, a xeito de colaboradoras e colaboradores: á Xunta de Galicia: (Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a AMTEGA); á Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, sección Galicia (AMIT-Gal); á Asociación .GAL; á USC (Facultade de Ciencias da Educación, Woman Emprende e Oficina de Igualdade); á Facultade de Informática da UDC; á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo e aos Colectivos Hello Sisters! e GalsTech.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?