Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ESEI entregou os premios do seu Hackathon de IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ESEI entregou os premios do seu Hackathon de IA

S. P.
Publicado: 16/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_hackathon_ia_esei1.jpgA Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do Campus de Ourense entregou o pasado xoves 10 de abril os premios do seu Hackathon de Intelixencia Artificial, organizado polo grupo de investigación LIA2 Laboratorio de Intelixencia Artificial Aplicada. A cita celebrouse nos días previos nas instalacións do centro e nela participaron 30 estudantes dos seus graos de Intelixencia Artificial e de Enxeñaría Informática, cubríndose todas as prazas dispoñibles.
A actividade forma parte do programa Grado2 que desenvolve a Escola Superior de Enxeñaría Informática co “obxectivo de achegar ao alumnado coñecementos complementarios ao currículo e de aplicabilidade directa ao sector empresarial”.
Desde a organización da competición salientaron “a excelente acollida da iniciativa por parte do alumnado e o bo aproveitamento que fixeron dela, pondo en práctica non só coñecementos técnicos senón habilidades como a creatividade, a rápida resolución de problemas e o traballo en grupo”.
premios_ia_esei2.jpg Dous son os equipos gañadores deste Hackathon, acadando cada un deles un premio de 100 euros. Un dos equipos está formado polo alumnado do centro David Asensio, Lucas González e Santiago Rodríguez e outro por Javier Pérez, Sergio González e Lucas González. Ambos recibiron o pasado xoves 10 de abril os seus galardóns de mans de Arno Formella, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática.
O obxectivo do Hackathon de Intelixencia Artificial, indican desde a súa organización, foi que alumnado dos graos de Intelixencia Artificial e Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo puxese a proba as súas habilidades e competise en distintas probas relativas ao emprego de cámaras de acción e procesado automático de vídeos de aventura.
premios_ia_esei4.jpgA xornada arrancou o venres 4 de abril coa presentación e posta en marcha da actividade no salón de graos da ESEI, onde se realizou a división por equipos e se explicaron as bases para a competición. Xa o sábado día 5, as e os participantes enfrontáronse a diversos desafíos divididos en varias fases: desde a configuración de hardware e a extracción de datos ata a complexa análise de imaxes e vídeos e o postprocesado. O reto foi desenvolver as solucións máis creativas e eficientes aplicando técicas de Intelixencia Artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?