Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo impulsa tecnoloxía de datos e algoritmos para a detección temperá de problemas de equilibrio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo impulsa tecnoloxía de datos e algoritmos para a detección temperá de problemas de equilibrio

S. P.
Publicado: 16/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

popatenteequilibrio2.jpgA Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) concedeu ás universidades de Vigo e León a patente dun sistema de avaliación do equilibrio dinámico e do risco de caídas durante a marcha en persoas maiores e adultos. Esta innovación é froito das investigacións desenvolvidas nos últimos anos por José Luis García Soidán e Vicente Romo, do grupo de investigación Hi10 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo, xunto con Raquel Leirós e José Alberto Benítez, da Universidad de León.
Este sistema baséase no uso dun acelerómetro, un dispositivo que mide as aceleracións do centro de gravidade do corpo, conectado a unha unidade de procesamento de datos cunha arquitectura de algoritmos que interpreta os datos xerados por este dispositivo, permitindo, explican os seus responsables, “detectar de xeito temperá a existencia dun deterioro no control postural” que incrementaría o risco de sufrir unha caída.
O sistema recollido nesta patente parte da ausencia de ferramentas de “avaliación precoz” do equilibrio “que sexan sensibles aos pequenos cambios no funcionamento dos sistemas de control postural”, sinala o equipo responsable deste traballo.
García Soidán apunta que as probas de “equilibrio estático” que se levan a cabo nunha contorna clínica, aínda que posibilitan identificar limitacións no control postural, non permiten anticiparse para detectar “que unha persoa está en risco” de padecer problemas de deterioro de equilibrio. “Con esta ferramenta, fomos capaces de resolver este problema”, engade o investigador, que lembra que o risco de caídas increméntase coa idade, de tal xeito que, segundo a OMS, estímase que o 35% das persoas maiores de 65 anos e o 65% das maiores de 80 sufrirán, cando menos, unha caída ao ano.
Concretamente, o sistema recollido nesta patente abrangue un conxunto de algoritmos que procesan os sinais capturados polo acelerómetro nos eixes vertical, medio-lateral e antero-posterior, durante a realización dunha proba consistente en percorrer varias veces unha distancia de dez metros. “A unidade de procesamento de datos está configurada para determinar a existencia dunha alteración do equilibrio dinámico que xera risco de caídas durante a marcha”, explican, cando se alcanzan os limiares fixados nas variables que o equipo investigador identificou como “representativas do equilibrio durante a marcha”. Para iso, lembra García Soidán, realizáronse previamente un conxunto de medicións con persoas con e sen “algún tipo de patoloxía de desequilibrio”, o que permitiu “determinar cales son os valores mínimos onde comeza o risco”.
popatenteequilibrio.jpg Nesa mesma liña, Raquel Leirós destaca que “se os valores de aceleración rexistrados indican que o control postural da persoa é insuficiente ou que hai certo risco de caídas, a tecnoloxía detectaría que efectivamente hai unha alteración no equilibrio, ou sexa, tería capacidade diagnóstica, de forma incluso preditiva, de que pode suceder unha caída en certa persoa”. Isto faría posible, engade a profesora da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade de León, identificar persoas “con maior risco de caídas, permitindo tratalas de forma preventiva e máis eficiente e vai permitir diagnosticar de maneira sinxela e precisa na contorna clínica o risco de caídas mentres unha persoa anda, empregando tecnoloxía portátil dun custo relativamente accesible”.
Este sistema, como lembra García Soidán, podería empregarse tanto en medicina e nas ciencias da actividade física e do deporte, como en enfermaría, podoloxía, fisioterapia, neuroloxía ou ortopedia. Os investigadores recoñecen o “interese no mundo empresarial” por esta tecnoloxía, motivado en boa medida “polo envellecemento da poboación”, como destaca Romo, en comunidades como Galicia, “nas que unha de cada catro persoas ten máis de 65 anos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?