Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As galegas Cardi@ngel, Senior Lingua e CertyChain collen impulso logo de participar en programas do Clúster TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As galegas Cardi@ngel, Senior Lingua e CertyChain collen impulso logo de participar en programas do Clúster TIC

S. P.
Publicado: 16/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cardi_ngel.jpgCardi@ngel, CertyChain e Senior Lingua ábrense paso no mercado despois de participar nos programas do Clúster TIC Galicia Tech Angels Network e na incubadora NodeHub.
Cardi@ngel estableceu unha alianza estratéxica con Quobis tras inscribirse en Tech Angels Network, unha proposta da entidade para acelerar e optimizar ideas de negocio mediante a incorporación de solucións tecnolóxicas avanzadas. O enxeñeiro compostelán Jesús Velasco ideou Cardi@ngel despois do falecemento dun amigo a raíz dun infarto por “non recibir a asistencia adecuada no momento preciso”. Trátase dunha app de alerta inmediata, colaborativa e gratuíta, dirixida a usuarios con enfermidades do corazón e a voluntarios capacitados para facer reanimación cardiopulmonar (RCP).
Iago Soto, fundador de Quobis, sinala que se decantaron por este proxecto entre os once que se presentaron a Tech Angels Network porque “tiña unhas necesidades tecnolóxicas cunha gran proximidade á nosa capacidade; as comunicacións en tempo real son o noso núcleo de traballo desde hai vinte anos”. O apoio da empresa de telecomunicacións a Cardi@ngel consistiu no desenvolvemento das aplicacións móbiles, tanto de Android como de iOS, así como do backend que xestiona o funcionamento da plataforma. A aplicación está pensada para ser “extraordinariamente simple”: un botón a premer pola persoa que presenta un ataque cardíaco, e no caso dos voluntarios que reciben a alerta, un mapa e unha fotografía para chegar á localización do doente, así como unhas instrucións de axuda. “A maior complexidade técnica é ter acceso permanente á posición dos usuarios con enfermidades do corazón, xa que os teléfonos tenden a desconectar aplicacións que non se están usando”, apunta Soto.
O Concello de Ribeira foi a primeira entidade que se suma á iniciativa, que proporciona, ademais, programas de sensibilización social e formación gratuíta para a poboación dese municipio co obxectivo de tecer unha rede ampla de voluntarios capacitados para practicar RCP. “Formar a persoas en cada concello nesta técnica e que teñan a aplicación operativa, garante unha resposta en caso de emerxencia”, apunta o CEO (director executivo) de Quobis.
senior_lingua.jpg Pola súa banda, Senior Lingua tamén formou parte da primeira edición de Tech Angels Newtork. Esta solución busca conectar a persoas adultas con estudantes de español para “conversar, coñecer novas culturas e pasar bos momentos viaxando sen moverse de casa”, en palabras do seu promotor, Alejo Santolino. Para o alumnado, funciona como complemento á formación neste idioma, e para o público sénior, supón unha oportunidade de coñecer persoas e paliar a súa soidade. A aplicación está aberta a todos aqueles nativos de castelán, tanto de España como de América Latina que queiran probala, xa que para eles é de carácter gratuíto. Amais, co obxectivo de sumar máis usuarios, comenta Santolino, dende Senior Lingua están dispostos a colaborar con outras institucións, desde administracións públicas ata empresas de servizos de atención a domicilio, residencias ou asociacións. O CEO adianta ademais que, en breve, lanzarán a aplicación para conectar a nativos de inglés con estudantes desta lingua. Respecto á súa entrada na Academia ViaGalicia destaca: “Xa conseguimos unha colaboración con outra empresa participante e se conseguimos formar parte da aceleradora sería un respaldo ao noso proxecto, xa que nos axudaría a chegar a máis persoas e ter un maio impacto”.
certychain-logo.jpgCertyChain, pola súa banda, participou en NodeHub, a incubadora apoiada por INCIBE Emprende e o Clúster TIC Galicia para impulsar startups e emprendedores proporcionándolle apoio, formación e mentorización durante cinco meses. A súa proposta, unha aplicación baseada en tecnoloxía de cadea de bloques para a firma e verificación de documentos dixitais, obtivo o premio ao mellor proxecto do programa. Detrás de CertyChain está Sara Chao, directora executiva da empresa, e tres compañeiros de facultade, todos estudantes de Enxeñaría Informática na Universidade de Vigo, que decidiron embarcarse neste proxecto despois da experiencia sufrida por un amigo ao que lle “modificaron o contrato de traballo despois de que o asinase en papel”, precisa Chao. A súa plataforma vén de ser seleccionada tamén para entrar na Academia ViaGalicia xunto a Senior Lingua e outros 21 proxectos. Esta fase de preaceleración estenderase durante sete semanas para facilitarlles os coñecementos, competencias e habilidades necesarias para definir o seu modelo de negocio ata o Demo Day, no que se escollerán os 15 finalistas que se incorporarán en setembro á 8ª edición da aceleradora da Zona Franca e o IGAPE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?