Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Microsoft incluíu A Coruña na súa xira sobre disciplinas STEM e uso responsable da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Microsoft incluíu A Coruña na súa xira sobre disciplinas STEM e uso responsable da IA

S. P.
Publicado: 21/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

microsoft_construyamos_el_futuro_20205_2_.jpgMicrosoft concluíu unha nova edición da súa iniciativa Construamos o Futuro, cuxo obxectivo foi, unha vez máis, fomentar vocacións e impulsar habilidades tecnolóxicas, animando a nenas e nenos a interesarse polas carreiras STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Esta edición do proxecto, cuxos resultados publícanse para a celebración do Día Internacional das Nenas nas TIC, impactou a 4.964 estudantes de entre 7 e 16 anos, en 41 colexios e institutos de toda España, grazas á dedicación de 164 voluntarios e voluntarias de Microsoft, un 24% máis que no ano fiscal anterior.
A multinacional informática lembrou con motivo da publicación destes datos que “malia que se notaron avances, aínda persisten grandes retos en termos de igualdade e formación no ámbito tecnolóxico”. De feito, recordou, as mulleres representan só o 23,47% dos especialistas TIC en España, e esta cifra descende por baixo do 10% en áreas como a ciberseguridade e a Intelixencia artificial.
Respecto da presenza de ferramentas intelixentes, a empresa trae a colación o último Work Trend Index elaborado por Microsoft e LinkedIn, no que se di que “aínda que o 68% dos traballadores en España xa incorporou a IA na súa rutina laboral, o país ocupa o décimo cuarto lugar en Europa en dispoñibilidade de profesionais formados en IA”. De feito, o 64% dos directivos españois non contrataría persoal sen formación en IA. Por iso, Microsoft cre necesario o fomento das habilidades tecnolóxicas desde idades temperás.
“O talento diverso e dixital é o motor dun mundo cada vez máis tecnolóxico, e desde Microsoft temos o compromiso de fomentalo desde idades temperás. É crucial visibilizar o papel das mulleres no ámbito científico e tecnolóxico, así como proporcionar referentes que inspiren ás futuras xeracións. En Microsoft traballamos para tentar reducir a fenda de xénero na ciencia e a tecnoloxía, desde o convencemento de que a diversidade favorece a innovación e o crecemento”, comentou Carolina Castillo, directora de Operacións e Marketing, enxeñeira e membro do comité de dirección de Microsoft en España.
Os obradoiros organizados polos voluntarios de Microsoft versaron sobre programación con MakeCode e Minecraft, sustentabilidade e o uso ético e responsable da Intelixencia artificial. Estas actividades, realizadas en 14 cidades, como A Coruña, Madrid, Barcelona, Bilbao, Málaga, Valencia e Zaragoza, achegaron a tecnoloxía aos nenos e novos, “dunha maneira práctica e lúdica, espertando a curiosidade e o entusiasmo dos estudantes polas disciplinas STEM”.
“Temos un enorme reto como industria e como país. A presenza de mulleres en carreiras universitarias é do 60%. Con todo, nas áreas técnicas isto cambia, baixando ata un 30% no caso das enxeñerías, e aínda máis noutras como informática, onde a presenza de mulleres é tan só do 13%,” engadiu a directiva de Microsoft, apuntando que “é preciso crear referentes e seguir traballando para conseguir que haxa un talento máis diverso para liderar áreas tan punteiras como pode ser a Intelixencia Artificial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?