Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Carballo Interplay anuncia os doce finalistas para os seus premios a contido dixital en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Carballo Interplay anuncia os doce finalistas para os seus premios a contido dixital en galego

S. P.
Publicado: 21/04/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

sara-seco-e1745169256610.jpgO festival de contidos dixitais Carballo Interplay anunciou os días pasados as propostas finalistas para os premios á Produción de Contido Dixital en Galego, dotado de 3.000 € para a creación do proxecto presentado e o premio de Creación Dixital Galega (coas categorías de Mellor Canle e Mellor Creado/a), dotado de 600€ en cada categoría. Entre os finalistas están proxectos consolidados como Descifrando a Historia ou Galego para Peques e creadoras de contido dixital como a tiktoker Sara Seco.
Do 24 ao 27 de abril
O Carballo Interplay é unha gran plataforma para os creadores e creadoras de contido en galego. Desde os seus inicios apoia proxectos en desenvolvemento de webseries e desde a pasada edición comezou a apoiar tamén outros formatos dixitais e a premiar ás mellores creadoras e creadores. Na XII edición, que será do 24 ao 27 de abril no Mercado de Carballo, pasarán polo festival unha ducia de proxectos en galego que, en palabras da organización do certame, “demostran o interese por crear contido na nosa lingua e a gran riqueza e diversidade que podemos atopar na Rede”.
O premio
O Premio á Produción de Contido Dixital en Galego creouse para apoiar cun financiamento de 3.000€ a proxectos audiovisuais en formato de webserie. A dirección do festival destaca que, desde a pasada edición, esta categoría acepta tamén proxectos dixitais como canles ou seccións en redes sociais, aumentando o número de candidaturas recibidas e diversidade das mesmas. “Este aumento de participantes amosa o interese, especialmente da mocidade, por crear contidos en galego para as redes”, engaden dende a organización.
Os proxectos finalistas son Epidemia Invisible, de Román Varela, un proxecto multiformato que propón unha inmersión honesta e sensible na realidade da saúde mental en Galicia, combinando o formato principal dunha serie documental con pezas complementarias en formato videoblog ou reel; Escoitasme?, unha webserie de ficción do alumnado de 4º da ESO do instituto IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela; Artistas en Reserva, webserie de Martín Castro que segue a un grupo de mozos artistas que tentan abrirse paso no panorama actual das súas respectivas disciplinas; 90 e pico, unha webserie de comedia da Asociación Xuvenil Mómaro e Señoras con Recursos, unha webserie que é crítica feminista aos roles de xénero clásicos e xa caducos do sistema laboral, en clave de comedia disparatada, creada por Silvia Lorenzo e Paloma Otero.
rebelico-1.jpgO xoves 24 ás 17:00 os finalistas presentarán os seus proxectos nun pitching ante o xurado que elixirá que proxecto leva o premio de 3.000€ destinado ao desenvolvemento do mesmo. Na pasada edición a webserie de comedia Delirio Sketchs, da directora Bea Saiáns foi a gañadora e nesta edición presentarán o resultado do seu traballo.
O Premio Creación Galega Dixital, pola súa banda, destaca proxectos xa consolidados no panorama dixital galego, con dúas categorías, Mellor Canle e Mellor Creador/a. É o único premio da comunidade no que se presentan contidos sen diferenciar a súa plataforma de difusión, temática ou formato. O xurado formado por Marta Pérez (profesora na área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Comunicación da USC), María Rúa (creadora de contido coñecida como Prado Rúa), Andrea Villa (codirectora e programadora do festival) e Andy Chichester (creador de contido en galego de Estados Unidos) seleccionarán aos gañadores, que recibirán un premio de 600€ en cada categoría. Os finalistas presentarán os seus proxectos nun pitching o venres 25 ás 16:00 no Mercado de Carballo.
descifrando-a-historia.jpgOs finalistas na categoría de Mellor Canle son Rebelico Revista, un proxecto que presenta a cultura tradicional galega dun xeito divertido e actual xa que o obxectivo principal é achegar a tradición galega á sociedade para romper estereotipos e poñela en valor; Descifrando a Historia, un proxecto de divulgación sobre historia de Galicia que conta con un podcast e xera contido en redes sociais como Instagram e Tik Tok; Galego para Peques, un proxecto audiovisual pensado para estender o uso do galego na infancia e o podcast Um Tee com Nee, podcast, no que Nee, unha persoa de xénero non binario, recolle o cambio da sua voz co tratamento hormonal de testosterona. Así, cada episodio relaciona a sua transición de xénero con outra transición cultural, de diversos pobos ao redor do mundo.
Na categoría de Mellor Creadora son finalistas tres perfiles que usan Tik Tok como a súa principal rede para crear contido. Konachadas, unha conta de temas moi variados, pero sempre con un trasfondo activista. A súa creadora descríbeo como “retranca consciente”. A tiktoker Sara Seco, coñecida polos seus vlogs nos que narra o seu día día e outros contidos de beleza e lifestyle e Patri Otero, creadora que denuncia aquelas actitudes ou condutas que van en contra dos seus principios e valores. Tamén intenta dar visibilidade a temáticas que están máis silenciadas e, sobre todo, facer reflexionar ás persoas que consumen o seu contido.
Carballo Interplay está organizado polo Concello de Carballo e Turismo de Carballo co apoio da Deputación da Coruña e Xunta de Galicia a través de AGADIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?