Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago convértese este venres no epicentro do networking empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago convértese este venres no epicentro do networking empresarial

S. P.
Publicado: 21/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

neting_asistentesevento2024.jpgMáis de 60 empresarios de toda Galicia, xunto a profesionais chegados desde Madrid, Murcia, Asturias e Castela e León, daranse cita o vindeiro venres 25 de abril na Cidade Deportiva do Real Aeroclub de Santiago. O evento, organizado por Neting.app, converterá a capital galega no epicentro do networking empresarial, co obxectivo de “estreitar ligazóns profesionais e xerar novas oportunidades de negocio”.
O II Networking Empresas e Negocios de Galicia, impulsado polo equipo de Neting Compostela, terá como anfitrión a este equipo compostelán formado por máis de 20 empresarios locais, que celebran o seu primeiro aniversario. Tras o éxito do encontro do ano pasado, o equipo espera “consolidar este evento como unha cita de referencia para o tecido empresarial galego, reunindo a profesionais de toda a comunidade nunha contorna deseñada para crear conexións valiosas e oportunidades reais de colaboración”.
A organización engade que “este encontro ofrece unha oportunidade única para xerar contactos de calidade, descubrir novas alianzas estratéxicas e explorar oportunidades comerciais que impulsen o crecemento de cada negocio”.
As persoas asistentes poderán establecer relacións duradeiras con potenciais clientes, colaboradores e socios, ao mesmo tempo que “aumentarán a visibilidade das súas empresas no mercado galego”.
Durante a xornada, levarán a cabo dinámicas específicas de networking, pausas para café e unha comida deseñada para fomentar a interacción entre os participantes.
Debido á alta demanda e ao aforo limitado do recinto, a organización lembra que é imprescindible realizar a inscrición previa a través da páxina web de Neting.app. Recoméndase aos interesados asegurar a súa praza con anticipación para non perder esta oportunidade única.
Neting Compostela organízase dentro da aplicación de Neting.app, plataforma innovadora que facilita o networking entre empresarios. A través de eventos exclusivos e ferramentas dixitais, Neting.app impulsa o crecemento empresarial e a xeración de oportunidades de negocio poñendo en contacto a máis de 2.000 empresarios de toda España, México e Suíza.
Detalles do evento
Data: 25 de abril de 2025
Horario: 10.30h a 16.30h
Lugar: Cidade Deportiva Real Aeroclub de Santiago de Compostela
Aforo: 100 empresarios
Inscrición: A través da páxina web de Neting.app

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?