Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta impulsa a tecnoloxía, o emprendemento e o deporte entre a mocidade cos novos Campas 360
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta impulsa a tecnoloxía, o emprendemento e o deporte entre a mocidade cos novos Campas 360

S. P.
Publicado: 22/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

campas_360.jpgA Xunta de Galicia impulsará a tecnoloxía, o emprendemento e o deporte entre a mocidade cos novos Campas360, a primeira edición do programa de educación non formal dirixido aos mozos entre 14 e 30 anos. Trátase dun total de 420 prazas destinadas a ofrecer actividades formativas e de lecer durante as fins de semana do mes de maio.
A proposta inclúe tres programas que se levarán a cabo en instalacións dependentes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Deste xeito, o albergue xuvenil Lug 2, en Lugo, acollerá as actividades de tecnoloxía, mentres que no albergue xuvenil Marina Española, en Sada, levaranse a acabo as de emprendemento e no de As Sinas, en Vilanova de Arousa, ofreceranse as propostas deportivas.
Todos aqueles mozos e mozas que queiran participar nestas actividades poderán presentar a súa solicitude desde mañá, ás 10,00 horas, e ata o vindeiro luns 28, ás 22,00 horas, a través do portal de Xuventude, onde deberán elixir un único programa. Os postos repartiranse en función da chegada das solicitudes e o reparto nos campamentos será de 12 quendas que se dividirán en tres tramos de idade diferenciados; para a mocidade de 12 a 14 anos; de 15 a 17, e outro para maiores de idade de 18 a 30 anos.
Campas360 é un programa impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que pretende ofrecer á mocidade galega actividades de fin de semana cunha completa programación que vai desde a formación e a convivencia colaborativa ata o deporte e o ocio, cunha visión integral 360 que lles permita gozar dunha alternativa de lecer saudable.
En palabras da Consellería, “as mozas e mozos participantes estimularán a súa creatividade a través de propostas innovadoras, fortalecerán as súas relacións interpersoais establecendo vínculos, favorecerase o uso dos deportes sostibles mellorando a súa eficiencia e minimizando o impacto ambiental, fomentarase o uso e o coñecemento do alberguismo en Galicia coa mobilidade xuvenil e facilitaranse alternativas de ocio saudable e seguro”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?