Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae mostra as posibilidades de desenvolvemento software que ofrece a IA Xenerativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae mostra as posibilidades de desenvolvemento software que ofrece a IA Xenerativa

S. P.
Publicado: 22/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vitae_programacion_ia_xenerativa_1.jpgA consultora galega Vitae vai organizar en maio un curso que pon o foco na Intelixencia Artificial Xenerativa, unha tecnoloxía que está a transformar radicalmente a forma en que os desenvolvedores traballan (desde a xeración automática de código ata a documentación, testing ou refactorización de aplicacións) a través de ferramentas como GitHub Copilot, ChatGPT ou LM Studio, que permiten aos programadores acelerar procesos, mellorar a calidade do software e abordar tarefas complexas cunha asistencia intelixente en tempo real. Estamos a falar do curso Introdución ao Desenvolvemento de Aplicacións Software con IA, de seis horas de formación, que se desenvolve os días 26 e 27 de maio en formato de aula virtual con clases en directo recuperables.
vitae_xenerativa_4.jpgO novo curso de Vitae ofrece unha formación integral e aplicada sobre as principais técnicas, modelos e ferramentas de IA Xenerativa aplicadas ao desenvolvemento. Desde os fundamentos teóricos ata a posta en marcha de contornas con ferramentas reais, cada módulo permite ao participante adquirir competencias clave para integrar a IA no seu fluxo de traballo diario.
Vitae explica que o módulo de laboratorio práctico ofrece unha experiencia intensiva centrada na programación asistida por IA: desde a instalación e configuración de ferramentas como Copilot, LM Studio ou ChatGPT, ata o desenvolvemento completo dunha aplicación utilizando IA nas distintas fases do ciclo de vida do software. Ademais, fomentarase un enfoque crítico e ético do uso destas tecnoloxías, combinando a aprendizaxe técnica coa reflexión sobre as boas prácticas, a privacidade e a validación do código xerado.
Obxectivos
vitae_xenerativa.jpg -Comprender os fundamentos técnicos dos modelos xenerativos.
-Aplicar ferramentas de IA como Copilot ou ChatGPT ao desenvolvemento de software.
-Aprender técnicas de enxeñería de prompts efectivas.
-Explorar casos de uso reais e construír un proxecto práctico.
A persoa encargada de impartir os contidos será Alberto Romero Griñón, arquitecto FrontEnd con máis de 15 anos de experiencia en desenvolvemento de software, especializado en tecnoloxías como Angular, React e Web Components. Liderou proxectos en empresas como Capgemini, Everis ou Indra, e impartiu formación técnica nestas entidades. O seu enfoque combina a excelencia técnica coa capacidade pedagóxica, avalada pola súa experiencia como docente, e máis recentemente, como formador en Intelixencia Artificial aplicada ao desenvolvemento de software. Na actualidade, compaxina o seu labor como FrontEnd Architect liderando un equipo de 15 persoas, coa formación en programación asistida por IA. Alberto domina ferramentas clave do ecosistema de IA Xenerativa como GitHub Copilot, ChatGPT, LM Studio ou Angular CLI, e está certificado por AWS e Meta en tecnoloxías cloud, IA e desenvolvemento web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?