Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA habilitará un laboratorio e demostrador en ciberseguridade no futuro edificio do CECIGA en Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA habilitará un laboratorio e demostrador en ciberseguridade no futuro edificio do CECIGA en Ourense

S. P.
Publicado: 23/04/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

centro_de_ciberseguridade_de_galicia.jpgA Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), confirmou que vai dotar de equipamento e servizos ao laboratorio e centro demostrador en ciberseguridade do Centro de Excelencia en Ciberseguridade (CECIGA) en Ourense. Os obxectivos principais deste laboratorio son a prestación de servizos avanzados en protección tecnolóxica, apoiar o cumprimento normativo, realizar validacións de ciberseguridade de produtos e servizos, potenciar o desenvolvemento de solucións innovadoras e formar a profesionais en temas de seguridade dixital.
O contrato, que se licitará nos vindeiros días, permitirá que o laboratorio conte con dous espazos especializados. O primeiro estará destinado á implantación dun laboratorio e centro demostrador de ciberseguridade no ámbito dos produtos con elementos dixitais cunha carteira de servizos específica, e o segundo, albergará un laboratorio e centro demostrador especializado na ciberseguridade industrial coa súa propia carteira de servizos.
Con esta nova infraestrutura a Xunta quere que Galicia dea un novo paso na loita contra a ciberdelincuencia. En 2023 foron máis de 21.000 os ciberataques denunciados na Comunidade.
O laboratorio, que se instalará inicialmente na Cidade da Cultura mentres remata a construción do CECIGA, actuará tamén como coordinador da rede de laboratorios sectoriais e centros demostradores sobre ciberseguridade en aspectos relacionados co transporte intelixente, co espazo aéreo de vehículos non tripulados, e coas tecnoloxías 5G e 6G, na que participan o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), a Universidade de Vigo (UVIgo), o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant).
O ITG vai encargarse do deseño e fabricación dun laboratorio móbil avanzado para auditorías de ciberseguridade do espazo aéreo de vehículos non tripulados (UAS) e do desenvolvemento de software para a detección de ciberameazas, caracterización e auditoría de ciberseguridade do espazo aéreo próximo e para simulación de ameazas.
A Universidade de Vigo creará un laboratorio de seguridade, privacidade e confianza en 5G/6G, con diferentes iniciativas no ámbito da ciberseguridade nas comunicacións necesarias no transporte intelixente.
O CTAG porá en marcha un laboratorio centrado na ciberseguridade no ámbito da automoción, despregando as capacidades necesarias para a súa validación no vehículo autónomo e conectado.
O Centro Tecnolóxico Gradiant abordará a creación dun laboratorio especializado en validar os diferentes compoñentes dunha rede 5G e avaliará aspectos de ciberseguridade asociados a aplicacións e servizos no ámbito do transporte intelixente. Abordará tamén a posta en marcha dun laboratorio de ciberseguridade industrial.
Esta rede de laboratorios forma parte do proxecto para a creación dun centro transrexional de innovación e competencia no ámbito da ciberseguridade, no que, ademais de Galicia, participan Cataluña e a Comunidade Valenciana. Trátase dunha das iniciativas do Programa de Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH). Este proxecto RETECH en materia de ciberseguridade ten un orzamento de 58 millóns de euros, dos que cerca de 19 millóns corresponden a Galicia. Está financiado nun 75% a través do Retech e o 25% restante é aportado polas CC AA.
RETECH é unha iniciativa lanzada pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial en agosto de 2022 a través dunha invitación pública. Os proxectos foron aprobados en decembro de 2022 con financiamento de fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?