Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Emetel logra a adxudicación do contrato de gobernanza tecnolóxica e dixitalización de Puertos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Emetel logra a adxudicación do contrato de gobernanza tecnolóxica e dixitalización de Puertos

S. P.
Publicado: 23/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emetel_sede.jpgPuertos del Estado vén de adxudicar á empresa galega Emetel a xestión do seu ecosistema tecnolóxico, nun contrato que ten como obxectivo seguir mellorando a gobernanza dixital do ente. O servizo afecta a infraestruturas críticas e servizos estratéxicos do organismo, “nun contexto onde a automatización, a ciberseguridade e a eficiencia operativa son prioridades compartidas polos principais portos do mundo”, explicou a empresa coruñesa.
A firma engadiu que a adxudicación, concibida como un Servizo Evolutivo de Dixitalización, supón a xestión integral, operación e supervisión 24×7 dos sistemas que sosteñen os servizos dixitais esenciais do organismo: desde as escalas de buques ou os cálculos oceanográficos, ata a administración electrónica ou a xestión interna. “Esta nova capa tecnolóxica busca transformar a forma na que se toman decisións, habilitando unha infraestrutura orientada a datos, adaptable e con visión a futuro”, informou Emetel, engadindo que “o obxectivo é implantar unha arquitectura de goberno dixital que orquestre fluxos, garanta a trastrexabilidade en tempo real e permita unha evolución tecnolóxica sostida”.
Manuel Lago, presidente de Emetel, fixo saber que “este contrato permítenos poñer en marcha unha arquitectura dixital robusta, segura e preparada para acompañar a Portos do Estado nunha nova etapa de evolución tecnolóxica”.
Na primeira fase, Emetel despregará e integrará ferramentas de observabilidade avanzada orientadas á supervisión proactiva e a eficiencia operativa. Estas solucións permiten consolidar un ecosistema tecnolóxico modular, interoperable e aliñado cos máis altos estándares de seguridade e rendemento. No marco deste contrato, despregarase a plataforma intelixente Ágata, que favorecerá a interoperabilidade, a automatización de procesos, a explotación dos datos e a aplicación da Intelixencia Artificial.
emetel_puertos-del-estado_bcn.jpg“A solución está deseñada para evolucionar coas necesidades do organismo. Ágata actúa como unha capa intelixente que conecta, estrutura e automatiza a xestión tecnolóxica desde unha visión única baseada en datos, seguridade e rendemento. O seu valor está na súa capacidade para escalar, integrarse e adaptarse continuamente ao ritmo de transformación que esixe a contorna portuaria”, apuntou Jorge Rodríguez, director de Operacións e Desenvolvemento de Produto de Ágata en Emetel, engadindo que o contrato tamén incorpora servizos de ciberseguridade multicapa, arquitectura empresarial e consultoría de negocio, co propósito de “fortalecer o núcleo dixital de Puertos del Estado e preparalo para a súa evolución”. Ademais, un comité de goberno do servizo e comités técnicos especializados velarán polo cumprimento dos KPIs estratéxicos, a resposta proactiva ante incidencias, a planificación adaptativa e a aliñación con novas tecnoloxías como a plataforma SIMPLE, tecnoloxías como cadea de bloques (blockchain) ou novos centros de proceso de datos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?