Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A 4ª edición de Interdixitais fomenta un rol activo das persoas maiores no uso das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A 4ª edición de Interdixitais fomenta un rol activo das persoas maiores no uso das TIC

S. P.
Publicado: 24/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

interdixitais.jpgMellorar as competencias dixitais e o incremento da participación social e activa das persoas maiores é o eixo sobre o que se asenta Interdixitais’25, unha actividade de innovación docente en Aprendizaxe-Servizo (ApS) na que colabora a Cátedra Cruz Roja USC para a mellora da calidade de vida deste colectivo. O proxecto que está enfocado no desenvolvemento de competencias TIC e a a través de relacións interxeracionais nas áreas de ciencias da Educación, do Comportamento e da Saúde, chega xa á súa cuarta edición.
O equipo de traballo está integrado polos docentes Lucía Pérez Blanco, Fátima Fernández Feijoo, María Julia Diz López, David Facal Mayo, Manuel Gandoy Crego, Sonia Valladares Rodríguez, Carmen Gutiérrez Moar e Arturo X. Pereiro Rozas. Esta actividade pretende previr o idadismo e promover unha perspectiva do ciclo vital que favoreza a adquisición de coñecemento sobre os cambios asociados ao proceso de envellecemento. Finalmente, este proxecto ApS busca enriquecer o tecido social comunitario mediante o intercambio entre organizacións cívicas con diferentes perfís asistenciais.
O proxecto estase a desenvolver en varias fases, realizándose obradoiros interxeracionais presenciais que botaron a andar o 17 de marzo e que culminarán o 28 de abril no Centro Sociocultural de Lavacolla. “Estes obradoiros para o fomento da autonomía dixital están dinamizados e liderados por alumnado dos graos de Pedagoxía, Enfermaría, Psicoloxía e Robótica baixo a supervisión do profesorado, e no que participan persoas maiores que previamente teñen participado en actividades organizadas por AGADEA”, sinalan. Agárdase que a actividade favoreza no alumnado a adquisición de competencias relacionadas co traballo con persoas maiores e a sensibilización sobre as súas necesidades.
Ademais de AGADEA, o proxecto Interdixitais’25 xorde da necesidade de mellorar a capacitación dixital e a participación social das persoas maiores detectada por entidades como ASDEGAL e Cruz Vermella. Estas organizacións identificaron que, a pesar dos avances tecnolóxicos, moitas persoas maiores carecen das habilidades dixitais necesarias para manterse activas e participar plenamente na sociedade. Ademais, os novos perfís de envellecemento, con maior nivel educativo e diversidade profesional, requiren intervencións máis específicas e diversas. Na súa 4ª edición, a Cátedra Cruz Vermella USC para a mellora da calidade de vida das persoas maiores asumiu o liderado nas tarefas de organización e xestión.
Interdixitais’25 contribúe tamén aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) ao garantir o acceso universal á educación e á inclusión dixital das persoas adultas maiores, promovendo a súa participación activa na sociedade e mellorando a súa calidade de vida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?