Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A enxeñeira informática Josefina Alonso recibirá o Premio Ada Byron do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A enxeñeira informática Josefina Alonso recibirá o Premio Ada Byron do CPEIG

S. P.
Publicado: 24/04/2025
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

josefina_alonso_3_.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede o Premio Ada Byron da XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia de 2025 á enxeñeira informática Josefina Alonso pola súa “excelencia e innovación” no sector tecnolóxico.
Cunha sólida formación en Enxeñaría Informática, o CPEIG destaca a súa traxectoria profesional na que liderou proxectos de transformación dixital e promoveu a adopción de metodoloxías áxiles en diversas organizacións. “O seu enfoque centrado nas persoas e o seu compromiso coa mellora continua contribuíu de maneira significativa ao avance da enxeñaría informática en Galicia. A súa dedicación e liderado convértena en merecedora do Premio Ada Byron, destacando o seu impacto positivo na comunidade tecnolóxica galega”, indica o presidente do Colexio, Fernando Suárez, salientando que Josefina Alonso é unha defensora activa da inclusión e a equidade no ámbito tecnolóxico, inspirando a futuras xeracións de mulleres enxeñeiras.
Josefina Alonso Nocelo (Xenebra-Suíza, 1977) viviu ata os dez anos en Xenebra, pero a familia regresou a Galicia, concretamente a Ourense, onde residiu ata finalizar a carreira na Escola Superior de Enxeñaría Informática (Campus de Ourense- Universidade de Vigo). Despois comezou a súa traxectoria profesional e trasladouse a Vigo onde leva algo máis de 20 anos establecida.
A enxeñeira conta xa cunha traxectoria profesional de máis de 25 anos centrada no ámbito da innovación tecnolóxica, a calidade de procesos, a transformación dixital e o desenvolvemento do talento na industria. “Desde o meu primeiro contacto coa Enxeñaría Informática sentín que se trataba dunha ferramenta cun enorme poder transformador, non só para desenvolver tecnoloxía, senón para mellorar a vida das persoas. Apaixonábame entender como funcionaban os sistemas, pero aínda máis pensar en como podían poñerse ao servizo de quen os usaban. Sempre crin que a tecnoloxía non ten sentido sen un propósito claro, necesidades reais para facer o día a día máis fácil, máis xusto ou accesible para as persoas”, confesa.
Josefina é desde hai tres anos a directora de Operacións no Digital Innovation Hub da Industria de Galicia (DIHGIGAL), situado en Vigo, unha iniciativa que naceu para impulsar a transformación dixital do tecido industrial galego, especialmente en sectores clave como o naval, a automoción, agroalimentario e TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), funcionando como unha rede de colaboración para conectar industria, centros tecnolóxicos, universidades, startups, empresas tecnolóxicas e administracións co obxecto de conectar talento, tecnoloxía e necesidade empresarial, xerando proxectos de alto impacto.
josefina_alonso_1_.jpg En DIHGIGAL, Josefina Alonso lidera estratexias orientadas a optimizar procesos industriais mediante a innovación, fomentando a conexión efectiva entre oferta tecnolóxica e demanda empresarial. “Xestiono a execución de proxectos, coordino equipos multidisciplinares, impulso alianzas e acompaño a empresas no seu camiño cara a dixitalización, ademais de traballar estreitamento cos axentes do ecosistema para detectar oportunidades, compartir coñecemento e facer que a innovación chegue a onde máis se necesita”, puntualiza.
Anteriormente, e durante 17 anos, Josefina Alonso traballou no Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), onde foi responsable da Área de Calidade Electrónica e Seguridade Funcional. Desde esta posición, liderou equipos multiculturais en proxectos de estandarización e mellora de procesos de desenvolvemento en electrónica, impulsou a adopción de metodoloxías áxiles e promoveu estándares de excelencia no desenvolvemento de sistemas críticos. Tamén traballou previamente, e durante cinco anos, como enxeñeira de software en SoftwCare, onde se especializou en verificación e validación de software de sistemas críticos en sectores como a aeronáutica e o espazo, experiencia na que se nutriu da Axencia Espacial Europea (ESA), no seu centro de ciencia e tecnoloxía ESTEC nos Países Baixos), participando na validación de ferramentas de software cunha beca en 1999.
Desde 2010, Josefina Alonso combina a súa actividade profesional coa súa vocación formadora en Vitae Consultores, onde imparte formación en metodoloxías áxiles para a xestión de proxectos, comunicación, xestión de equipos e liderado, tanto en empresas como en institucións. Tamén é docente no Máster de Automoción e o Máster de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo e no programa de Expertos Lean do Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia (CEAGA). Ademais, a profesional participou como mentora en 2020 en INSPIRA STEAM da Universidade de Deusto, un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas.
Josefina Alonso destaca que se ás mozas lles gusta a Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñaría ou as Matemáticas, non deben dubidalo nin por un segundo e ir a por elo, confiando no seu talento para ser parte do cambio. “Necesitamos que cada persoa, sexa do xénero que sexa, poida desenvolver a súa vocación en igualdade de condicións. As carreiras STEM non teñen xénero, pero si paixón, creatividade, rigor e visión, e senten ese impulso teñen que saber que poden e que é posible. A igualdade de oportunidades non é unha meta futura, é un dereito presente que debemos seguir defendendo e facendo realidade en cada paso. A diversidade de xénero nos equipos STEM non é só unha cuestión de xustiza, é unha cuestión de calidade, de innovación e de impacto real. Cando se suman distintas miradas, constrúense mellores ideas e atópanse mellores solucións”, asegura.
Josefina Alonso recollerá a distinción na XVII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 27 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é un punto de encontro entre os colexiadas/os do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?