Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ricardo Ribeiro (SAP) mostrou no Polígono do Tambre as vantaxes da IA na xestión empresarial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ricardo Ribeiro (SAP) mostrou no Polígono do Tambre as vantaxes da IA na xestión empresarial

S. P.
Publicado: 24/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ricardo_ribeiro_relator_da_xornada_dos_empresarios_de_tambre.jpgO Centro Empresarial do Tambre celebrou este xoves 24 de abril a xornada Transforma o teu negocio coa IA e SAP Business One que contou coa participación de empresarios galegos, unha sesión organizada pola Asociación Área Empresarial do Tambre en colaboración coa consultora tecnolóxica Inforges. O evento puxo o foco en como as pemes poden aproveitar a Intelixencia Artificial para transformar os seus procesos de xestión, mellorar a súa competitividade e optimizar a toma de decisións.
O relatorio principal correu a cargo de Ricardo Ribeiro, xerente de Canles de SAP Business One en España, quen debullou as principais funcionalidades desta solución ERP integradas con ferramentas de IA. Ao longo da súa intervención, Ribeiro presentou diversos casos de uso prácticos e afirmou: “A IA xa non é unha promesa de futuro, é unha realidade que está a mudar a forma de operar das empresas. Ferramentas como SAP Business One permiten integrar IA en procesos clave como compras, inventario, vendas ou análises financeiras, facilitando decisións máis áxiles e baseadas en datos”. Tamén destacou que a tecnoloxía “debe democratizarse para que as pequenas e medianas empresas poidan competir en igualdade de condicións”.
Desde a Asociación Área Empresarial do Tambre, o seu vicepresidente Manuel Nieto subliñou a importancia destas iniciativas: “O tecido empresarial galego necesita referentes tecnolóxicos próximos e prácticas aplicables. Por iso apostamos por encontros como este, que traen a expertos de primeiro nivel e permiten ás nosas empresas avanzar con confianza na súa transformación dixital”.
juan_sanchez_de_inforges_na_xornada.jpgO director de SAP de Inforges, Juan Sánchez, destacou que “a tecnoloxía debe ser un medio ao servizo da estratexia da empresa. A nosa experiencia demóstranos que cando unha peme conta cun socio que entende tanto os seus procesos como a súa visión de futuro, a transformación dixital deixa de ser un reto e convértese nunha vantaxe competitiva. SAP Business One, combinado con capacidades de Intelixencia Artificial, ofrece unha panca real para a toma de decisións intelixentes e a mellora continua”. Ademais, remarcou o compromiso de Inforges con “acompañar ás empresas de xeito próximo e con solucións adaptadas á súa realidade, non só tecnolóxicas, sino tamén humanas e organizativas”.
A xornada concluíu cunha rolda de preguntas na que os asistentes puideron resolver dúbidas específicas sobre a implantación de solucións ERP e o uso práctico da IA nas súas contornas empresariais. O evento foi valorado moi positivamente polos participantes, que destacaron a utilidade dos casos reais e a claridade nas explicacións técnicas.
Esta cita forma parte do ciclo de xornadas que Inforges está levando a cabo por distintas cidades do país co obxecto de achegar as últimas tendencias tecnolóxicas á contorna empresarial autonómica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?