Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant, recoñecido nos Premios IA con Impacto Social de AMETIC 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant, recoñecido nos Premios IA con Impacto Social de AMETIC 2025

S. P.
Publicado: 25/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

kiur_premio_ametic_3.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant foi recoñecido nos Premios IA con Impacto Social de AMETIC 2025 na categoría R D i on AI Award, que distingue as mellores prácticas e resultados en investigación, desenvolvemento e innovación en Intelixencia Artificial desde unha perspectiva ética. O premio destaca o traballo realizado polo centro vigués en Kiur, unha tecnoloxía sanitaria baseada en IA para a detección e tratamento de feridas crónicas que será lanzada proximamente como spin-off.
Segundo explican fontes de Gradiant, Kiur é unha ferramenta de soporte á decisión clínica que permite aos profesionais sanitarios avaliar o estado dunha ferida crónica a partir dunha imaxe tomada cun dispositivo móbil, ademais o sistema analiza automaticamente os tecidos presentes e suxire o tratamento máis adecuado segundo as guías clínicas actuais, “ofrecendo ao persoal médico e de enfermería unha segunda opinión fundamentada en evidencia”. Esta tecnoloxía contribúe a estandarizar o proceso de atención, reducir os tempos de avaliación e evitar erros na aplicación de apósitos, especialmente en contextos como a atención primaria ou as residencias.
“Recibir este premio supón un impulso para seguir demostrando que a Intelixencia Artificial pode aplicarse con sentido clínico, rigor técnico e utilidade real no día a día do persoal sanitario”, sinalou Óscar Pérez García, director executivo (CEO) da futura spin-off, engadindo que “o noso obxectivo con Kiur é mellorar a abordaxe das feridas crónicas, facilitando o traballo dos equipos asistenciais e contribuíndo a unha atención máis precisa e personalizada para cada paciente”.
kiur_premio_ametic_2.jpg O desenvolvemento de Kiur contou co apoio do programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través do proxecto ACE, que ten como obxectivo acelerar a transferencia ao mercado de tecnoloxías xurdidas en contornas científicas. Actualmente en fase de validación como tecnoloxía sanitaria, a ferramenta continúa a súa evolución cara ao seu lanzamento comercial.
Con este galardón, sinalou Gradiant, “reafirmamos o noso compromiso co desenvolvemento de solucións dixitais con impacto social, consolidando o papel do centro tecnolóxico como actor clave na transferencia tecnolóxica e a aplicación ética da Intelixencia Artificial no ámbito da saúde”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?