Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol acolleu a Asemblea Anual de AMIT-GAL
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol acolleu a Asemblea Anual de AMIT-GAL

S. P.
Publicado: 25/04/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

campus_industrial_de_ferrol_acolle_a_asemblea_anual_de_amit-gal_no_marco_da_x_xornada_mulleres_na_ciencia.jpgO Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolleu este xoves 24 de abril a X Xornada Mulleres na Ciencia, desenvolvida baixo o epígrafe Facendo Balance: Retos e Incertezas e organizada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMIT-GAL).
O acto de apertura do evento estivo presidido pola subdirectora da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade da Coruña (UDC), María José Abad, e máis pola expresidenta de AMIT-GAL e profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC, María Carreiro.
O programa da xornada incluíu a conferencia da ex-vicepresidenta de AMIT-GAL e profesora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVigo), Soledad Torres, titulada Como incorporar a dimensión de xénero na investigación. Acto seguido, celebrouse unha mesa redonda na que se falou sobre os retos aos que se enfronta o eido da investigación desde unha perspectiva de xénero.
Neste coloquio, participaron a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da Unversidade de Santiago de Compostela (USC), Sonia Rodríguez; a subdirectora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña (UDC), María José Abad; a subdirectora do  Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da UDC, María Isabel González; e a responsable da Comisión de Igualdade no Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consejo Superior de Investigaciónes Científicas (CSIC), Andrea Rodríguez. Exerceu como moderadora, a graduada en Enxeñaría Naval e Oceánica pola UDC e embaixadora de CT Engineering Group, Laura Alonso.
Ao remate do evento desenvolveuse Asemblea Anual de AMIT-GAL na que resultou elixida como nova presidenta da asociación a investigadora do centro Misión Biolóxica de Galicia (MBG) do Consejo Superior de Investigaciónes Científicas (CSIC), Carmen Martínez. Acompañarana, nesta nova etapa, Vanesa Valdiglesias (UDC), como vicepresidenta, Eva López (USC) como secretaria, Cintia Sánchez (Incipit – CSIC), como tesoureira, así como Soledad Torres (UVigo), Lucía Santiago (UDC) e Zulema Varela (USC), en calidade de vogais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?