Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberto ata o 15 de maio o prazo para presentar achegas á 10ª edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberto ata o 15 de maio o prazo para presentar achegas á 10ª edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

S. P.
Publicado: 28/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

celia-branas-prmeio-768x485.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), convoca a décima edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2025.
O galardón está destinado a galardoar unha peza xornalística de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida entre o 1 de maio de 2024 e o 14 de abril de 2025 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión. O traballo xornalístico pode ser unha noticia, crónica ou reportaxe, quedando excluídas as entrevistas e os artigos.
A RAGC considera que “a ciencia e a tecnoloxía teñen un papel determinante e indiscutible no desenvolvemento económico e o benestar social dun país, polo que comunicar estes achados e as súas aplicacións á sociedade, así como a transferencia de coñecemento ás empresas, é unha prioridade”. Nesta liña, a Academia asegura que os medios de comunicación poden contribuír “dun xeito decisivo” a acadar este obxectivo. Co fin de estimular esta vertente xornalística, a distinción Celia Brañas pretende recoñecer actividades de comunicación da ciencia e da tecnoloxía entre os profesionais do xornalismo dos medios de comunicación galegos.
Os traballos poderán centrarse en calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolta en Galicia, ben sexan achados, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación ou mesmo casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado. Poderá concorrer a este premio calquera xornalista, a título individual ou en equipo, que realice a súa actividade en medios de comunicación da nosa comunidade ou en edicións galegas de medios estatais, e poderanse presentar un máximo de tres traballos por candidato individual ou colectivo.
A dotación será de 3.500 € para o primeiro premio e de 1.500 € para o segundo traballo mellor valorado. A participación tramitarase de xeito telemático a través dun formulario electrónico dispoñible nas páxinas web da Real Academia Galega de Ciencias e da Axencia Galega de Innovación. Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril e o prazo de presentación dos mesmos remata o vindeiro 15 de maio.
Celia Brañas, pioneira na incorporación da muller á cultura científica
A científica Celia Brañas (A Coruña, 1880-1948) era filla do xornalista, escritor e farmacéutico Gonzalo Brañas. Simbolizou o esforzo das mulleres da súa xeración por ter un papel protagonista na sociedade, en particular no eido da cultura científica.
Estudou na Escuela Normal da Coruña, onde obtivo o título de mestre elemental e superior e, despois, cursou o Bacharelato no instituto local. Posteriormente, superou a materia de Reconocimientos de productos comerciales y Prácticas de Laboratorio na Escuela Superior de Comercio. E na Universidade de Santiago de Compostela examinouse das materias de Mineraloxía e Botánica, Zooloxía e Física e Química, que constituían o curso preparatorio da facultade de Ciencias.
En 1908 iniciou o seu labor docente na Escuela Normal coruñesa como profesora auxiliar. En 1911 aprobou a oposición de profesora numeraria de Ciencias e encargouse da docencia de Física, Química e Historia Natural. Ocupou a dirección da Normal en diversas etapas e xubilouse en 1946. No ano 1922 desfrutou dunha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) para realizar prácticas de Histoloxía nos laboratorios do Museo Nacional de Ciencias Naturales.
A súa visión da ensinanza das Ciencias estivo en consonancia coa proposta educativa dos movementos de renovación pedagóxica da época, a “ensinanza activa”. Celia entendeu que a súa responsabilidade como educadora non se debía restrinxir ao espazo das aulas, polo que desenvolveu un notable labor divulgativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?