Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP inaugura a quinta edición do seu curso superior en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP inaugura a quinta edición do seu curso superior en ciberseguridade

S. P.
Publicado: 29/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

curso_superior_egap_ciberseguridade.jpgA Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta tarde a apertura das actividades da quinta edición do Curso Superior en Ciberseguridade, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Escola, en colaboración co Centro Criptolóxico Nacional (CCN).
O curso foi inaugurado pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o director da área de infraestruturas e seguridade da AMTEGA, Adrián Lence Paz; o xefe da subárea de seguridade da AMTEGA e director do curso, Gustavo Herva Iglesias, e a avogada experta en ciberdereito, Noemí Rodríguez García.
A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou a importancia da formación en materia de ciberseguridade dirixida ao persoal empregado público incidindo en que ante as novas ameazas xurdidas co avance da administración telemática “unha das mellores ferramentas das que dispoñemos para defendernos é contar cun persoal empregado público especializado, formado e preparado para salvagardar a confianza nos servizos públicos”. Ademais, salientou que desde a Escola estase a traballar desde hai anos para ofrecer unha oferta formativa actualizada e reforzada en materia de novas tecnoloxías e ciberseguridade “co fin de dar resposta á demanda de profesionais que garantan a seguridade das persoas e dos servizos prestados aos cidadáns e para conseguir unha Administración máis eficiente, segura, accesible e transparente”. Segundo engadiu, resulta “fundamental contar con profesionais ben preparados e que actualicen os coñecementos e as ferramentas necesarias para preservar a información e loitar contra os delitos informáticos, así como saber previr as ameazas e os ciberataques”.
Pola súa banda, o xefe da subárea de seguridade da AMTEGA e director do curso, Gustavo Herva Iglesias, sinalou que “este é un curso xa plenamente consolidado, que ten formado a máis de 260 empregados públicos de distintas administracións galegas, o que nos anima a seguir traballando na formación e actualización do persoal empregado público neste eido tan crítico como é a seguridade da información e da contorna dixital”. Gustavo Herva Iglesias destacou, ademais, que desde hai anos a Xunta de Galicia “fixo da colaboración a pedra angular das súas accións en materia de ciberseguridade” e salientou os acordos co Centro Criptolóxico Nacional (CCN) e co Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), “que permiten, por exemplo, a implantación de ferramentas proporcionadas polo CCN, que están a ser empregadas polas nosas administracións con eficacia, grazas en parte á formación que reciben os nosos profesionais”. Gustavo Herva salientou tamén que a capacidade de resposta ante os incidentes de ciberseguridade “baséase, en boa parte, no adestramento do persoal, a través de iniciativas como esta que hoxe inauguramos, así como na colaboración e unha visión compartida fronte a esta ameaza común”.
De seguido, a avogada experta en ciberdereito, Noemí Rodríguez García, impartiu unha clase maxistral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?