Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 41.300 empresas e autónomos de Galicia benefícianse do programa Kit Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 41.300 empresas e autónomos de Galicia benefícianse do programa Kit Dixital

S. P.
Publicado: 29/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pedro_planco_plan_recuperacion_galicia.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, fixo balance dos investimentos recentes do Goberno na Comunidade. No seu reconto puxo o foco na execución do Plan de Recuperación en Galicia, que, segundo dixo, superou en catro anos os 4.000 millóns de investimento que “apontoan a transformación social, económica e industrial de Galicia tras a pandemia”. Así se pronunciou este luns 28 de abril no almorzo informativo celebrado no Hostal dous Reis Católicos con motivo do cuarto aniversario da aprobación, no Consello de Ministros e Ministras, do dito Plan.
Segundo dixo, do total de fondos inxectados en Galicia polo Plan de Recuperación, o Goberno de España executou directamente 2.298 millóns de euros (un 53%) mentres que a Xunta recibiu 1.746 millóns en forma de transferencias (un 47%). Pedro Branco sinalou que esta “distribución equilibrada reafirma o compromiso do Goberno coa cogobernanza e o respecto á repartición competencial na súa execución”. Este volume de fondos, lembrou o delegado, duplican cada ano o esforzo investidor do Goberno na Comunidade, sinalou.
Respecto das cifras tecnolóxicas, detallou que “por primeira vez na historia un Goberno chega a cada recuncho de Galicia, a cada comarca, concello, parroquia, barrio, rúa e vivenda de Galicia”. Porque, engadiu, toda a cidadanía está a beneficiarse da extensión da banda larga e da 5G, dos novos equipamentos tecnolóxicos en hospitais, das novas infraestruturas ou dos programas de modernización das administracións públicas e de xustiza, entre outros.
Deste total de beneficiarios privados, os datos sinalan que o 83% deles pertencen ao tecido empresarial: 40% son persoas autónomas e pemes; 26% son grandes empresas e 17%, unións temporais de empresas. Completan as cifras un 5% de fogares e un 12%, as fundacións, centros de investigación e tecnolóxicos.
Respecto do bloque de investimento relativo a empresas, centros de investigación e universidades (bloque que ofrece a cifra máis alta de investimento do Plan de Recuperación), o delegado significou os 220 millóns de euros para proxectos de hidróxeno verde; máis de 136 millóns en proxectos industriais do vehículo eléctrico; a innovación no tecido agroalimentario con 32 millóns de euros do PERTE Agro, ou a descarbonización de empresas manufactureiras e os case 50 millóns de euros para repotenciar parques eólicos e hidroeléctricas na Comunidade. Ademais, 41.300 empresas e autónomos e autónomas de Galicia xa se benefician do programa Kit Dixital para avanzar na dixitalización dos seus negocios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?