Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto HYBRIDS conclúe no CITIC a súa 4ª sesión conxunta, reforzando alianzas contra a desinformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto HYBRIDS conclúe no CITIC a súa 4ª sesión conxunta, reforzando alianzas contra a desinformación

S. P.
Publicado: 29/04/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

citic_hybrids1.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu a semana pasada a cuarta reunión conxunta do proxecto europeo HYBRIDS (Fostering Hybrid Human-Artificial Intelligence), unha iniciativa financiada polo programa Horizonte 2020 da Comisión Europea, que promove un enfoque innovador e multidisciplinar no ámbito da Intelixencia Artificial híbrida.
Desde o luns 21, investigadores e investigadoras de distintas disciplinas e países reuníronse nas instalacións do CITIC para avanzar nos obxectivos científicos do proxecto, compartir resultados, fortalecer as sinerxías entre os grupos de traballo e continuar desenvolvendo competencias cruzadas entre as ciencias sociais e a enxeñería informática.
O evento, denominado Joint Research Session IV, formou parte do plan formativo e colaborativo do proxecto HYBRIDS, e combinou sesións científicas, dinámicas colaborativas e obradoiros orientados a enriquecer a interacción entre mozos investigadores e investigadoras predoutorais e expertos internacionais. Entre os temas abordados atópanse a transparencia algorítmica, a ética na IA, e o desenvolvemento de sistemas intelixentes que integren adecuadamente a dimensión humana.
Redes éticas
Nun contexto de crecente propagación de noticias falsas, desinformación e discursos de odio a través de redes sociais, HYBRIDS proponse avanzar cara a sistemas de intelixencia híbrida que integren o coñecemento estruturado das ciencias humanas con ferramentas de procesamento da linguaxe natural e algoritmos de aprendizaxe profunda (Deep Learning). Esta combinación busca superar as limitacións dos sistemas actuais de IA, “achegando maior capacidade de razoamento, comprensión e contexto cultural ao tratamento da linguaxe”, sinalou o CITIC, engadindo que a aposta por este enfoque híbrido “responde á urxencia de protexer as democracias modernas, que dependen do acceso libre a información verificada e fiable”. Neste senso, HYBRIDS forma a investigadores con perfís multidisciplinares que poidan crear ferramentas éticas, efectivas e tecnicamente sólidas para detectar e contrarrestar a desinformación dixital, contribuíndo así á sustentabilidade de prácticas democráticas responsables en Europa.
Evento conxunto co proxecto AI-CODE
citic_hybrids2.jpg Como peche do encontro celebrado ao longo desta semana tivo lugar unha xornada conxunta entre HYBRIDS e o proxecto europeo AI-CODE, que se centrou nos desafíos que presentan as redes sociais de próxima xeración. AI-CODE explora como aproveitar as ferramentas de Intelixencia Artificial para axudar aos profesionais dos medios para combater a desinformación e mellorar a calidade do discurso público. Esta colaboración entre ambos os proxectos resalta a necesidade de enfoques colaborativos e interdisciplinares ante un dos maiores retos sociais do presente: a integridade da información na contorna dixital.
O proxecto
O proxecto HYBRIDS está financiado pola Unión Europea no marco das Accións Marie Skłodowska-Curie de Horizonte Europa (HEI MSCA) e co-financiado por UK Research and Innovation (UKRI) a través da garantía de financiamento de Horizonte Europa. HYBRIDS é unha rede de doutoramento Marie Skłodowska-Curie que reúne a investigadores noveis para desenvolver competencias avanzadas e interdisciplinares. Céntrase na integración da intelixencia humana e artificial para abordar retos como a desinformación e o discurso de odio, á vez que fomenta a colaboración entre o mundo académico e a industria.
Coordinado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela, nel participan universidades asociadas, centros de investigación líderes, organizacións sen fins de lucro e empresas de innovación de toda Europa: Université de Caen (Francia), Universidade da Coruña (España), Universidade de Évora (Portugal), Radboud Universiteit (Países Baixos), Queen Mary University of London (Reino Unido), Consello Superior de Investigacións Cientificas (España), Fondazione Bruno. Kessler (Italia), GESIS-Leibniz-Institut fur Sozialwissenschaften (Alemaña), Fondazione Openpolis ETS (Italia), Fundación Universidade Empresa Galega (España), Factoria de software e multimedia SL (IMAXIN, España), Industrieanlagen Betriebsgesellschaft MBH (IABG, Alemaña), Newtral (España) e Universita di Padova (Italia).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?