Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comeza a conta atrás para a sétima edición do Congreso Fluor en Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comeza a conta atrás para a sétima edición do Congreso Fluor en Pontevedra

S. P.
Publicado: 30/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

congreso_fluor_2_.jpgPontevedra acolleu este mércores 30 de abril a presentación da nova edición, a sétima, do Congreso de Marketing Fluor, organizado polo Clúster da Comunicación de Galicia. Serán dous días de conferencias e mesas redondas con máis de 20 profesionais sobre negocio dixital, publicidade dixital, branding e redes sociais, obradoiros de diferentes temáticas, mesas redondas, relatorios e moito traballo en rede. O evento celebrarase en Pontevedra os días 15 e 16 de maio.
Contarase coa presenza no programa de relatores de primeira liña no sector, como Laureano Turienzo, presidente e fundador da Asociación Española do Retail e do Círculo Iberoamericano do Retail, Xisela López, directora creativa executiva en Sra. Rushmore, Jorge Sandua, creativo en Putos Modernos, e María Canal, directora de mercadotecnia en ElPulpo.
20250430sxerlroldaprensafluor.jpgO auditorio de Afundación en Pontevedra repetirá como sede deste evento que organiza o Clúster da Comunicación de Galicia. Na pasada edición, Flúor reafirmou o seu papel como un dos encontros de referencia no ámbito da mercadotecnia, a publicidade e a comunicación dixital en España e Europa. Entre os relatores máis destacados figuraron referentes internacionais como Luis Bassat, lenda viva da publicidade no ámbito hispano; Toni Segarra, considerado un dos creativos máis influentes do país; Andy Stalman, experto en identidade corporativa coñecido como “Mr. Branding”; e Inês Fonseca, publicista e responsable de mercadotecnia para o sur de Europa de Johnnie Walker.
Na presentación deste 30 de abril participou o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, quen destacou a nova convocatoria do programa da Xunta Alento. Impulso a comunicación para emprender (en colaboración co Clúster de Comunicación e Galicia), co que se ofrece de balde unha axuda en forma de servizos para que, arredor de 30 proxectos de emprendemento, poidan acceder a distintas solucións en mercadotecnia e comunicación executadas por expertos coa finalidade de que estas tarefas sirvan de apoio á comunidade emprendedora en aspectos como a busca de novas canles de comercialización, novos públicos obxectivos, melloras no valor percibido dos produtos e servizos e promoción en xeral, co fin de conseguir unha oferta diferenciada e rendible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?