Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo licita por medio millón un proxecto para ofrecer 500 cursos en competencias dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo licita por medio millón un proxecto para ofrecer 500 cursos en competencias dixitais

S. P.
Publicado: 02/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

020525_pilar_garcia_porto_-_xunta_de_goberno.jpgA Deputación de Lugo aprobou hoxe licitar por medio millón de euros un proxecto de formación que ofrecerá 500 cursos en competencias dixitais á veciñanza da provincia. Baixo o nome de E para dixitalizarse Lugo, esta iniciativa, financiada con fondos europeos, ofertará contidos relacionados coa ofimática, informática básica, ciberseguiridade, redes sociais ou o uso dos teléfonos móbiles. Así o avanzou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a sesión semanal.
“Na Deputación de Lugo somos plenamente conscientes da necesidade de facer fronte a esa brecha dixital que existe no territorio, porque cremos que a tecnoloxía non debe ser unha barreira senón unha ferramenta que facilite a nosa vida diaria”, valorou, engadindo que “garantir a inclusión dixital, diminuír a brecha dixital, asegurar a adquisición de competencias dixitais básicas para a cidadanía e garantir tamén que as zonas en risco de despoboamento poidan aumentar a súa capacidade dixital son algúns dos obxectivos desta actuación que se enmarca no Reto Rural Dixital do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España”.
Avanzou a deputada que o proxecto, que durará ata o 20 de marzo de 2026, inclúe 500 accións formativas “directamente relacionadas coas necesidades tecnolóxicas da sociedade actual e que irán dirixidas á adquisición de coñecementos vinculados ás TIC, as novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación”. Obradoiros e cursos que se impartirán nos 55 concellos da provincia que contan con menos de 5.000 habitantes, todos menos: Lugo, Monforte de Lemos, Viveiro, Vilalba, Sarria, Foz, Ribadeo, Burela, Chantada, Guitiriz, Outeiro de Rei e Castro de Rei.
Grazas a este proxecto, explicou Pilar García Porto, “a veciñanza aprenderá cuestións relacionadas coa busca de emprego ou o emprendemento. Tamén haberá formacións de especial interese para as familias, como por exemplo sobre os riscos de Internet ou a dependencia dos dispositivos móbiles”. As persoas maiores, detallou, poderán aprender sobre o uso dos teléfonos, Google, a banca electrónica, ou ferramentas de comunicación como Whatsapp ou Telegram.
“Sabemos que as novas tecnoloxías traen consigo múltiples oportunidades e ademais son unha gran alidada á hora de crear emprego e impulsar os pequenos e medianos comercios. Unha cuestión que está directamente relacionada coa loita contra o despoboamento e a fixación de poboación no rural”, engadiu. Unha iniciativa da Deputación mediante a que os veciños e veciñas da provincia poderán coñecer competencias básicas que lles permitirán desenvolverse “comodamente” no entorno dixital, que evoluciona con velocidade.
Ademais, informou de que a institución provincial ten en marcha o proceso de selección de persoal do posto de coordinador e enxeñeiro necesarios para realizar este proxecto que conta en total con 750.000€ de fondos captados de Europa.
Este capital súmase aos máis de 18 millóns de euros que captamos da Unión Europea desde o ano 2019. Fondos que permiten á Deputación poñer en marcha proxectos coma este; ou iniciativas coas que traballa a institución provincial na modernización e na dixitalización dos concellos: o Xeopadrón, que se asinou cos concellos recentemente, ou o programa Impulsa TIC.
A deputada apuntou que a Deputación de Lugo “é unha das institucións provinciais de toda España que máis fondos recibiron xunto con outras como Barcelona, Sevilla ou Valencia”. En concreto, para desenvolver este programa é a administración pública que, xunto á Deputación Provincial de Segovia, recibiu a maior contía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?