Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Allariz estrea canle de WhatsApp municipal para maior comunicación coa veciñanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Allariz estrea canle de WhatsApp municipal para maior comunicación coa veciñanza

S. P.
Publicado: 02/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cristina_cid_na_presentacion_da_canle_de_novas_do_concello_de_allariz.jpgO Concello de Allariz puxo en marcha unha nova canle de comunicación a través de WhatsApp, co obxectivo de “achegar información de interese xeral á veciñanza de maneira directa e inmediata”. A través desta canle difundiranse novas municipais, eventos culturais, avisos, alertas e outros contidos relevantes.
A alcaldesa Cristina Cid explicou que esta iniciativa “está pensada especialmente para aquelas persoas que non utilizan redes sociais e que demandaban un xeito máis directo de estar informadas”. A rexedora engadiu que “somos conscientes de que, hoxe en día, a comunicación dixital é fundamental e que as redes sociais son unha ferramenta moi útil para informar; porén, tamén sabemos que non toda a cidadanía as emprega, e hai veciñas e veciños que nos trasladan que, ás veces, non se decatan a tempo da información”. Por iso, sinalou, “decidimos poñer en marcha esta nova canle de WhatsApp, un sistema sinxelo e accesible que permite achegar as novidades directamente ao móbil, para que toda a veciñanza estea ao día do que acontece en Allariz”.
Un servizo para toda a veciñanza
allariz-cartel-whatsapp_.jpg A rexedora apuntou tamén que na actualidade, case todas as franxas de idade, desde a mocidade ata a xente maior, teñen un teléfono móbil e utilizan WhatsApp no seu día a día e, así, aproveitando esta realidade, o Concello decidiu habilitar esta nova canle para que a información municipal chegue directamente ao móbil das persoas interesadas, sen depender doutras plataformas.
Características da canle
-Trátase dunha canle unidireccional: non está pensada para conversar nin para facer consultas ao Concello.
-Os datos das persoas seguidoras están protexidos, e non se comparten cos demais usuarios.
-As vías habituais para comunicarse co Concello seguen activas: rexistro presencial, sede electrónica, teléfono e correo electrónico municipal.
Como unirse á canle de WhatsApp de Allariz
Para seguir a canle, só hai que premer na ligazón habilitada polo Concello ou escanear o código QR que estará nos carteis informativos repartidos nos edificios municipais. Unha vez aberta a canle en WhatsApp, cómpre premer en Seguir e activar as notificacións premendo na campaíña, para recibir todas as actualizacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?