Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avanza a bo ritmo o proceso para materializar a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Avanza a bo ritmo o proceso para materializar a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

S. P.
Publicado: 02/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_campus_ourense_consello_campus1.jpgO Edificio de Ferro (Campus de Ourense, UVigo) acolleu esta semana a celebración dunha nova sesión ordinaria do Consello de Campus. Nela, Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, explicou aos representantes dos diferentes colectivos universitarios as novidades en diferentes eidos de actuación, entre eles os avances para a próxima construción do edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. O reitor destacou que o procedemento da súa licitación “vai moi ben, a bo ritmo”, indicando que son cinco as empresas que se presentaron.
Concretamente, a licitación para a construción deste edificio publicouse o 13 de marzo, pechouse o prazo para a presentación de propostas o 11 de abril e actualmente estase na fase da súa avaliación. As empresas que se presentaron foron Citanias Obras y Servicios SLU; Obras y Servicios Gómez Crespo SL; Obrascon Huarte Lain SA; Oreco Balgón SA e Vilor Infraestruturas SL.
O importe do contrato ascende a 10.043.000,01 euros, incluíndo impostos, sendo o valor estimado do contrato e o importe sen impostos de 9.130.000,01 euros, financiados pola Universidade de Vigo e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP da Xunta de Galicia.
Manuel Reigosa indicou que “estamos pondo todo o noso empeño para que se faga en prazo todo o proceso da licitación” e “contamos con que dentro deste ano 2025 poidamos xustificar 3,5 millóns de euros da construción do edificio, en parte con acopios pero en parte xa con actuacións no campus”.
O edificio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo construirase na parcela edificable situada na entrada do coñecido como campus sur do Campus de Ourense, ao carón da Escola Infantil Concepción Saiz Otero. A licitación en trámite é para converter en realidade o deseño gañador do certame de ideas para o edificio que fixo a UVigo. O concurso foi gañado por Javier e Carlos Rodríguez Alcoba, de García Rodríguez Alcoba Oficina de Arquitectura, cunha proposta bautizada como “O Camaleón”. Tras gañar o concurso de ideas, a este estudo correspondeulle a redacción do proxecto básico, do proxecto de execución e da dirección da obra.
O novo edificio, duns 6364,88 metros cadrados construídos, contará con dez laboratorios docentes e oito laboratorios de investigación; catro aulas para 50 persoas, dúas aulas para 70 e outras dúas para 100 persoas; 35 despachos e unha zona de dirección. Ademais, contempla seis seminarios, unha nave taller e un espazo de reserva para posibles futuras necesidades. A posta en marcha desta nova infraestrutura permitirá liberar espazos que noutros edificios se dedican actualmente a Aeroespacial e levar a cabo un reordenamento de usos do campus.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?