Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O quiosco de Arcebispo Lago de Vilagarcía retoma a actividade como Centro de Accesibilidade Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O quiosco de Arcebispo Lago de Vilagarcía retoma a actividade como Centro de Accesibilidade Dixital

S. P.
Publicado: 02/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vilagarcia_quiosco_dixital.jpgO quiosco de Arcebispo Lago retoma hoxe a súa actividade como Centro de Accesibilidade Dixital. A xunta local de Goberno do pasado luns aprobou a adxudicación en favor da empresa Asesoramiento y Desarrollo de Soluciones Empresariales, que será a encargada de prestar o servizo.
O Concello lembra que foi a propia firma quen propuxo ampliar o horario de atención ao público, que agora será de luns a venres de 09:30 á 13:00 horas. A cidadanía pode dirixirse a ela na procura de asesoramento e acompañamento para aprender a facer todo tipo de trámites por internet.
Segundo lembran fontes municipais, esta iniciativa foi posta en marcha no 2021 pola Concellería de Promoción Económica que actualmente dirixe Álvaro Carou e dende o seu inicio “tivo unha moi boa acollida entre os veciños”. Segundo os últimos datos do 2024, en só once meses de servizo axudaron a preto de 4.000 usuarios. En concreto, o trámite máis realizado foi pedir cita previa no INSS (1.108).
O contrato anterior finalizou o pasado mes de decembro, e axiña o Concello puxo en marcha a licitación. O proceso resolveuse en favor da mesma empresa que operaba no 2024, cun contrato por valor de 23.885 euros, que saen de fondos propios. O servizo ten posibilidade de prórroga ata 2028.
A oficina estará atendida por unha persoa que se encargará de axudar aos usuarios a facer os trámites online, ofrecerlles información, asesoramento e resolver as dúbidas sobre como realizalos dende as súas casas e dispositivos de forma autónoma. Poden ser asuntos referentes as súas relacións coas administracións públicas (presentación no Rexistro oficial dunha solicitude, adhesión ao plan de pagos municipal, obtención da clave electrónica, pedir cita co médico, inscrición nun campamento…) ou do ámbito privado e de ocio (adquirir unha entrada para o cine, reservar praza para os concertos das festas…).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?