Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A analítica web, as redes sociais e WhatsApp Business centran os novos obradoiros de SmartPeme+
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A analítica web, as redes sociais e WhatsApp Business centran os novos obradoiros de SmartPeme+

S. P.
Publicado: 05/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

smartpeme_-2.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta primeira semana de maio seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+, centrada na transformación dixital de persoas autónomas, pemes e profesionais en xeral. As accións, en formato telemático (todas elas requiren inscrición previa), celebraranse entre o luns 5 e o xoves 8 de maio e afondarán en cuestións de grande interese para o tecido empresarial da provincia como son a analítica web, o deseño gráfico e ferramentas como WhatsApp Business, Instagram e LinkedIn.
Este luns 5 celebrarase o obradoiro telemático Google Analytics para a toma de decisións, a partir das 12.00 horas. Nel abordarase a analítica web como unha práctica fundamental para coñecer se o que sucede no sitio web da empresa está aliñado cos seus obxectivos de negocio, para medir o comportamento dos usuarios e transformar os datos recollidos en coñecemento co que tomar mellores decisións de negocio. Será impartido por Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión, con preto dunha década de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. As inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
O martes 6, en formato telemático ás 12:00 horas, realizarase o obradoiro IA – Como facer prompts correctos. As persoas participantes aprenderán a dominar a Intelixencia Artificial creando indicacións precisas, nun obradoiro no que van descubrir técnicas avanzadas, como evitar erros comúns e explorar aplicacións prácticas. O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor da oficina de Barro con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías, e as inscricións pódense realizar no formulario dispoñible.
Tamén o martes, en formato presencial na oficina de Cambados ás 17:00 horas, desenvolverase o obradoiro Deseña facilmente imaxes impactantes e profesionais. Os participantes aprenderán a deseñar sen ter coñecementos de ferramentas de deseño profesional, familiarizándose coa terminoloxía e usando ferramentas en liña para realizar imaxes. Será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da oficina de Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos. As inscricións pódense realizar no formulario achegado pola Deputación.
O mércores 7 realizarase o obradoiro telemático Linkedin para empresas, ás 12:00 horas. Os asistentes poderán coñecer esta rede social e o seu funcionamento para sacarlle proveito, abordando cuestións como a creación de redes de contacto, as páxinas de empresa ou técnicas de posicionamento dentro da plataforma. As inscricións pódense realizar no seu formulario e será impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas cun posgrao en Comunicación Corporativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?