Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tecnolóxica Dos Espacios xestionará a aceleradora TurisTalent 5.0, con sede en Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tecnolóxica Dos Espacios xestionará a aceleradora TurisTalent 5.0, con sede en Lugo

S. P.
Publicado: 05/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

o_alcalde_miguel_fernandez_xunto_con_tecnicos_municipais_no_impulso_verde.jpgO Concello de Lugo vén de adxudicar a xestión da aceleradora TurisTalent 5.0 á empresa tecnolóxica galega Dos Espacios Internet Consulting SL por un importe de 134.704,77 euros. O programa, impulsado dende a concellería de Dinamización Económica, busca dinamizar o emprendemento no sector turístico e enogastronómico mediante a formación e mentoring de proxectos innovadores.
“Con esta adxudicación, damos un paso máis na consolidación de Lugo como un espazo de oportunidades para o emprendemento turístico. TurisTalent 5.0 será unha ferramenta clave para impulsar proxectos con alto potencial, favorecendo a creación de emprego e a diversificación do tecido empresarial da cidade”, destacou o rexedor, Miguel Fernández, quen enxalzou a importancia do apoio institucional nestas iniciativas: “Queremos que Lugo sexa un referente na innovación turística. O noso obxectivo é proporcionar as ferramentas necesarias para que os emprendedores poidan desenvolver proxectos sustentables e de calidade, baseados na nosa riqueza patrimonial e gastronómica”.
O Concello recibiu seis ofertas para a xestión deste programa pioneiro. Estas propostas foron avaliadas por un comité de expertos mixto, integrado por técnicos de diferentes departamentos municipais e da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que valoraron a idoneidade das candidaturas para impulsar esta iniciativa.
A aceleradora desenvolverase ao longo de nove meses, durante os cales os proxectos participantes recibirán formación especializada, asesoramento técnico e apoio na procura de financiamento. O programa inclúe diferentes fases, desde a captación e selección dos proxectos ata a súa presentación ante potenciais investidores nun Investors Day.
TurisTalent 5.0 terá a súa sede no edificio Impulso Verde, situado na Garaballa, un espazo que busca converterse nun referente para o ecosistema emprendedor lucense.
A aceleradora enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística en Destino …Et Edendo, Lucus, que conta cun financiamento de 2 millóns de euros procedentes dos fondos europeos Next Generation. O obxectivo final desta iniciativa é promover un modelo turístico sostible e de calidade, baseado nos recursos endóxenos da cidade. Con esta iniciativa, o Executivo de Miguel Fernández reafirma o seu compromiso co emprendemento e coa xeración de novas oportunidades económicas para Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?