Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SOGAMA avanzará en dixitalización cun sistema de rastrexabilidade: a plataforma Traza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SOGAMA avanzará en dixitalización cun sistema de rastrexabilidade: a plataforma Traza

S. P.
Publicado: 05/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sogama.jpgA Xunta adxudicou por 1.038.911 euros, e cun prazo de execución de 2 meses e 7 días, as obras a acometer na infraestrutura industrial da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) coa finalidade de instalar os equipos necesarios para levar a cabo a rastexabilidade (trazabilidade) completa dos residuos xestionados na mesma.
No marco deste contrato executaranse actuacións en todas as plantas de transferencia, nas catro instalación públicas de compostaxe (as de Cervo, en Lugo; Cerceda, na Coruña; Verín, en Ourense; e Vilanova de Arousa, en Pontevedra); no propio Complexo Medioambiental de Cerceda; e nas dúas terminais ferroviarias de ADIF en Lugo e Taboadela (Ourense).
A chamada plataforma Traza, enmarcada no proceso de transformación dixital no que está inmersa SOGAMA, ten por finalidade concreta “avanzar cara a unha xestión automática de todos os datos necesarios para asegurar o control e a correcta rastrexabilidade do residuo desde que entra nas instalacións desta Sociedade ata que sae das mesmas convertido en recurso, ben para ser reciclado ou ben convertido xa en enerxía eléctrica, no caso da fracción non reciclable”.
Isto, segundo sinala a Xunta, “permitirá á empresa pública ofrecer un servizo adicional aos concellos adheridos (295, que representan case o 94% de todos os da comunidade) para unha xestión eficiente da documentación, co conseguinte aforro de tempos, constituíndo o dato un elemento esencial para a toma de decisións”.
Tamén dentro do seu plan de transformación dixital (R-Dixital), e precisamente vinculado ao proxecto Traza, SOGAMA xa está a traballar no desenvolvemento do denominado Portal do Cliente a fin de optimizar as comunicacións coas entidades locais ás que dá servizo, propiciando así o intercambio de información de interese.
O portal, que se concibe como “unha solución integral, dinámica e intuitiva, con acceso centralizado e en tempo real”, ofrecerá aos usuarios “unha contorna dixital na que poderán consultar información actualizada, recibir alertas e notificacións, trasladar solicitudes e suxestións, xestionar distinto tipo de documentación e axilizar a tramitación administrativa”.
Así, as entidades locais terán acceso aos datos vinculados ás fraccións de residuos xestionadas por SOGAMA, contratos entre as partes, xeración de informes personalizados a partir das consultas recibidas, alertas e avisos, entre outros. Amais, “o portal incorporará a posibilidade de obter proxeccións a futuro da evolución da xeración de distintos tipos de residuo, acompañadas dunha porcentaxe de fiabilidade, presentando escenarios probables e facilitando a anticipación aos cambio”, informou a Xunta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?