Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega a cuarta edición de Galicia Avanza, un programa de aceleración para internacionalizar pemes galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega a cuarta edición de Galicia Avanza, un programa de aceleración para internacionalizar pemes galegas

S. P.
Publicado: 06/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_avanza-3.jpg Alá polo 2022 nacía Galicia Avanza, un programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica que xurdía da colaboración entre a Consellería de Economía e Industria, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e o Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- sociedade participada pola Xunta de Galicia (entidade encargada da súa xestión e coordinación).
Neste 2025 Galicia Avanza chega á súa cuarta edición coa selección de 30 novas empresas. Dicir que, das empresas seleccionadas, 12 proceden da provincia de Pontevedra, 8 de Ourense, 6 da Coruña e 4 de Lugo. Nos vindeiros meses, terán a oportunidade de acceder a un programa integral de apoio á internacionalización, que se prolongará ata febreiro de 2026, con itinerarios personalizados para cada unha delas. Poderán beneficiarse de servizos como a protección internacional das súas marcas e deseños industriais, a realización de estudos e prospeccións de mercado, a confección de axendas internacionais e outros aspectos que poidan contribuír á súa internacionalización.
Unha das empresas que vai participar no programa usa as novas tecnoloxías e a Intelixencia Artificial para axudar á poboación a mellorar a súa capacidade de aforro sen esforzo, desenvolvendo diversas ferramentas innovadoras para a industria financeira.
Outra achega unha solución de realidade virtual dirixida á estimulación físico-cognitiva de persoas con demencias ou trastornos neurocognitivos. Tamén hai unha firma centrada no desenvolvemento de software e transformación dixital, que busca internacionalizar o seu servizo de migración de grandes volumes de datos á nube. Outra adícase ao desenvolvemento de software na nube para empresas que venden os seus produtos en máquinas expendedoras. Por outro banda, temos unha plataforma baseada en IA para monitorizar e optimizar o rendemento das máquinas de café nos establecementos de hostalería e restauración. E unha empresa proporciona solucións para automatizar procesos empresariais.
No terreo da construción, unha das firmas desenvolve, mediante tecnoloxía propia, equipos de protección individual, tratando de reforzar a internacionalización da súa liña de sistemas anticaída e solucións dixitais neste eido.
En resumo, Galicia Avanza acolle a empresas que achegan produtos e servizos tan diversos como unha pemes que quere comercializar no mercado exterior os seus produtos tecnolóxicos para o sector agropecuario e para os afeccionados á agricultura, desde forraxeiras automatizadas ata galiñeiros intelixentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?