Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha mostra interactiva sobre as cantareiras, premiada pola Secretaría da Lingua no concurso do Día das Letras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha mostra interactiva sobre as cantareiras, premiada pola Secretaría da Lingua no concurso do Día das Letras

S. P.
Publicado: 06/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pandeiretas.jpgA Xunta, a través da Secretaría Xeral da Lingua, deu a coñecer os centros educativos gañadores do concurso do Día das Letras Galegas 2025, dedicado ás cantareiras e a poesía popular, que recaeron no colexio Celso Emilio Ferreiro de Cerdeda, na Coruña, e no instituto Castelao, de Vigo. Neste último centro, precisamente, celebrouse este luns 5 de maio o acto de entrega do premio na modalidade de Ensinanza Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, no que participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García.
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude puxo en valor este concurso para achegar “a relevancia das homenaxeadas e das súas achegas ao patrimonio inmaterial” entre as xeracións máis novas, das que gabou a “súa implicación e compromiso” con esta difusión, a través das propostas recibidas no concurso dunha “calidade admirable”.
Precisamente, Valentín García salientou a “beleza estética e a harmonía” de ambas as dúas exposicións, tanto na modalidade do instituto Castelao que gañou co proxecto Canta que cadramos ben, como na categoría de Educación infantil e Primaria, onde resultou gañadora a do colexio Celso Emilio Ferreiro coa mostra que leva por título Cantareiras: poesía popular oral. As dúas iniciativas están complementadas, ademais, cunha guía didáctica.
En concreto, á mostra Canta que cadramos ben valorouse que “ofrece un contidos capaces de configurar distintos aspectos do panorama tradicional, coa poesía popular oral e as cantareiras como un canto ao pasado máis inmediato pero tamén ao presente”. Mentres, na exposición Cantareiras: poesía popular oral fíxose fincapé no seu carácter integrador e inclusivo co emprego de técnicas e recursos diversos, entre os que se atopan códigos QR ou pictogramas.
Con esta convocatoria, o Goberno galego pretende “impulsar a achega da mocidade a esta manifestación da cultura popular, xa que se lles propuxo que profunden na importancia dos cantos e da tradición oral para a lingua galega ao longo da historia e no labor fundamental das mulleres como transmisoras desta riqueza inmaterial”.
Ademais de potenciar o estudo da época e propiciar unha reflexión sobre a lingua e a sociedade do momento, enriquecendo o seu coñecemento, os participantes tamén terán un premio económico de 2.000€ por categoría.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?