Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cultura anuncia vantaxes para as empresas que aposten polo galego e unha iniciativa IA para celebrar o Ano Castelao
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cultura anuncia vantaxes para as empresas que aposten polo galego e unha iniciativa IA para celebrar o Ano Castelao

S. P.
Publicado: 07/05/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

parlamento_lopez_campos_250506_cultura_pleno_mac-06.jpgCoincidindo co mes das Letras Galegas, o Goberno galego, a través do conselleiro de Cultura, José López Campos, presentou unha serie de medidas para fortalecer a presenza e o uso da lingua en todos os ámbitos da nosa vida diaria, e tamén nas novas ferramentas dixitais, de uso referencial para as novas xeracións, e tamén para as non tan novas. Inclúese neste paquete de iniciativas a creación dun selo para impulsar o galego a nivel empresarial ou iniciativas de Intelixencia Artificial para conmemorar o Ano Castelo. No eido do audiovisual, salientou que a Xunta seguirá traballando para consolidar “Galicia como un gran escenario de rodaxes elevando as axudas ata case 7 millóns de euros”.
O selo
O conselleiro anunciou que a Xunta de Galicia porá en marcha un selo de recoñecemento para impulsar o uso da lingua no ámbito socioeconómico. Explicou que as empresas comprometidas co galego terán vantaxe na concesión de axudas e nos procedementos do Executivo autonómico. Para iso, tal e como informou, impulsarase a creación dun selo que poderá terse en conta nas convocatorias e que, ademais, servirá como criterio de desempate. “Somos conscientes da necesidade de fomentar o uso da lingua galega en toda a sociedade e por iso apostamos por unha nova medida de acción inmediata que se suma as xa anunciadas como os cursos para estranxeiros ou para o persoal sanitario e que permita outorgarlle unha maior visibilidade e prestixio”, apuntou o conselleiro.
Impulso ao sector do libro e Ano Castelao (IA no Gaiás)
López Campos anunciou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude continuará co seu apoio a sectores estratéxicos como o do libro e co impulso este ano dunha ambiciosa programación enmarcada na celebración do Ano Castelao.
“Unha das pezas centrais desta programación será a experiencia inmersiva que inauguraremos no Museo Gaiás no mes de xuño”, avanzou o conselleiro. Esta proposta permitirá, a través da Intelixencia Artificial, que cada visitante teña a oportunidade de interactuar con este ilustre persoeiro. Trátase dunha mostra que, tal e como explicou López Campos, encádrase na liña de traballo posta en marcha pola Cidade da Cultura no eido dixital e das tecnoloxías e que continuará este ano co remate das primeiras obras no Centro de Artes Dixitais de Galicia, un proxecto pioneiro que permitirá aproveitar as oportunidades creativas do Gaiás xunto coa ventá de posibilidades que as tecnoloxías dixitais están ofrecendo como motor de desenvolvemento cultural e económico.
Máis dun centenar de actividades para celebrar as Letras Galegas 2025
A celebración das Letras Galegas dedicado ás cantareiras será outro dos fitos da programación deste ano. Ademais dun grande acto nas Torres de Mens, parroquia dunhas das homenaxeadas, o vindeiro 17 de maio, impulsarase tamén un amplo abano de actividades con máis dun centenar de iniciativas para todos os públicos. “Inclúense propostas en bibliotecas, museos ou centros escolares nas que vai poder participar toda a sociedade”, sinalou o conselleiro.
O conselleiro anunciou que neste 2025 o importe convocado en axudas ao sector audiovisual chegará a unha cifra próxima aos 7 millóns de euros co obxectivo de “garantir que o futuro do noso sector será tan brillante como o seu presente”. Así mesmo, avanzou a reclamación ao Goberno central “dun reparto xusto do fondo para o fomento da produción e difusión das linguas cooficiais” co obxectivo de fomentar o cine en galego e evitar discriminacións fronte a outras linguas.
Apoio aos videoxogos
No marco das industrias culturais, López Campos anunciou que se ampliará o apoio a outros sectores artísticos como a dos videoxogos. “Este ano resolvemos a primeira convocatoria dotada con fondos propios e imos continuar con este compromiso para poñer en valor todo o talento que emerxe dos centros educativos coa intención de que poida quedar e desenvolverse aquí, na nosa terra e na nosa lingua”, apuntou.
Así mesmo, realizarase unha aposta decidida por outros sectores como as artes escénicas ou a música con convocatorias para apoiar a creación de novos proxectos, o fomento da visibilidade de todas as disciplinas ou a elaboración, este mesmo ano, do primeiro Plan Estratéxico da Industria Musical en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?