Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG homenaxea cun libro transmedia as mulleres transmisoras da poesía popular cantada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG homenaxea cun libro transmedia as mulleres transmisoras da poesía popular cantada

S. P.
Publicado: 07/05/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20250507_present_libro_diadasletras_beatrizbusto_doloresvilavedra_manuelgago_dsc00328.jpgAgora vou cantar eu é o libro co que o Consello da Cultura Galega (CCG) contribúe á celebración do Día das Letras Galegas, este 17 de maio. Pretende ser unha homenaxe ás mulleres creadoras e transmisoras da poesía popular cantada. A vicepresidenta da institución, Dolores Vilavedra, explicou que o libro “recolle a grandeza desta celebración, que non busca un nome, senón unha lexión de mulleres poetas e cantareiras, anónimas e sen obra nun volume que traslada ese espírito colectivo”.
A obra, coordinada e editada pola antropóloga e musicóloga Beatriz Busto Miramontes, divídese en dúas partes: dunha banda, unha escolma de textos e un estudo crítico a cargo desta investigadora xunto cunha antoloxía que se mergulla no Cancioneiro popular galego, para seleccionar textos recollidos nos anos oitenta por Dorothe Shubarth e Antón Santamarina; e da outra, unha ducia de ilustracións realizadas por Cestola na Cachola (Xoana Almar e Miguel Peralta) que contan con códigos QR desde os que se poden ver e escoitar as catorce cantareiras así como seguir os textos a través das transcricións.
“O libro foi entendido como un proxecto transmedia, por iso todo o contido está recollido nun espazo web que xa está accesible” explicou Manuel Gago, coordinador da Unidade Divulgación e Contidos Dixitais do CCG.
A obra Agora vou cantar eu forma parte da serie de libros de homenaxe que o CCG edita para o Día das Letras Galegas. En palabras de Beatriz Busto, serve de homenaxe “a todas aquelas mulleres que cantaron, tocaron e bailaron, e mantiveron en circulación a nosa cultura popular e aseguraron a súa supervivencia”.
ccg_ig_especial_retrato_10520.jpgComo dixemos, o volume estrutúrase en dúas partes. A primeira parte, dedicada “ás portadoras do lume”, está formada por unha colección de doce ilustracións de mulleres informantes seleccionadas por Beatriz Busto atendendo a criterios de relevancia musical, vocal e social, á variedade de músicas e textos que representen a riqueza da produción oral, lírica e musical galega, e na procura do equilibrio territorial. As ilustracións foron elaboradas por Xoana Almar e Miguel Peralta baixo o selo de Cestola na Cachola. Cada unha delas representa as informantes cos seus nomes e apelidos, alcumes, datas e lugares. As mulleres retratadas son Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos (Pandeireteiras da Alén, Ourense), Rosa de Moscoso (Pazos de Borbén, Pontevedra), Concha de Luneda (A Cañiza, Pontevedra), Felicia de Fofe (Covelo, Pontevedra), Josefa de Mongarillo (A Fonsagrada, Lugo), Josefa de Bastavales (Brión, A Coruña), Áurea de Laxoso (Ponte Caldelas, Pontevedra), Dolfina de Añobres (Muxía, A Coruña), Estrela do Marmito (Dumbría, A Coruña), Inés de Naipes (Cervantes, Lugo) e Ilda Álvarez Macía (Folgoso do Courel, Lugo). As ilustracións van acompañadas dun caderno no que consta cada un dos cantares, transcritos por Beatriz Busto, músicas seleccionadas por ser representativas do canto de cada unha delas. A través dun código QR pódese acceder á correspondente gravación musical (audio ou vídeo). Son doce gravacións, das que catro pertencen ao programa Alalá do arquivo da CRTVG; tres forman parte da colección D. Schubarth-A. Santamarina depositada no Arquivo Sonoro de Galicia do CCG, e as cinco restantes foron cedidas por compiladoras ou compiladores individuais ou por institucións para esta publicación (Luís Prego, Leni Pérez, Xerardo Fernández Santomé, Xosé Lois Foxo e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega).
A segunda parte é un estudo crítico arredor da oralidade a cargo da etnomusicóloga Beatriz Busto. A investigadora comeza citando a Martín Sarmiento, “o primeiro en darse conta de que aquilo que cantaba o pobo oralmente era de valor poético e, por tanto, literario”. Reflexiona sobre o feito de que a poesía popular oral ten un dobre proceso: un de creación e composición individual e outro de recreación colectiva no que interveñen dinámicas que teñen que ver co préstamo cultural, coa solidariedade na composición e coa improvisación.
Trátase dunha edición non venal que conta con 500 exemplares numerados, pero hai tamén edición dixital tal e como explicou Manuel Gago na presentación. A través dun espazo web específico pódense descargar as ilustracións, o estudo crítico e a antoloxía, pero tamén escoitar as 14 cantareiras destacadas e xeolocalizar as 94 que conforman a antoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?