Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC impulsou a capacitación dixital de 6.000 persoas en tecnoloxías emerxentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC impulsou a capacitación dixital de 6.000 persoas en tecnoloxías emerxentes

S. P.
Publicado: 07/05/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

landing-cluster-tic-ene23-2-be44b.jpgO Clúster TIC Galicia fixo balance da súa recente actividade formativa, centrada en achegar capacitación en tecnoloxías emerxentes a través de 229 cursos, no marco da sexta edición do seu programa formativo, levado a cabo entre setembro de 2024 e marzo de 2025. A través desta liña de traballo, o Clúster TIC formou finalmente a 5.951 persoas.
Esta plan, posto en marcha en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta, contou cun orzamento de 2.083.000 euros e forma parte das diferentes accións que está a levar a cabo a entidade para mellorar as competencias tecnolóxicas que demanda o mercado laboral.
O Clúster TIC explicou que “esta oferta formativa está adaptada ás necesidades das empresas e impartida por provedores expertos, cun enfoque eminentemente práctico, onde as temáticas máis demandadas por parte do alumnado mostran unha clara orientación cara as tecnoloxías emerxentes e as competencias de alto valor engadido, como a Intelixencia Artificial, a ciberseguridade ou desenvolvementos na nube, entre outras”.
Os cursos están orientados tanto a persoas en activo como a demandantes de emprego para promover o reskilling ou reciclaxe laboral, cunha participación de 3.822 traballadores ocupados (maioritariamente de empresas asociadas ao Clúster TIC) e 2.129 persoas desempregadas, contribuíndo así á mellora da empregabilidade e á actualización profesional dun amplo espectro da poboación galega.
En canto á distribución por xénero, participaron 3.886 homes (65%) e 2.065 mulleres (35%), un dato similar á propia configuración dos persoais das empresas tecnolóxicas de Galicia, formadas nun 67% por homes e nun 33% por mulleres.
O programa estaba integrado por 229 cursos ofrecidos por 14 entidades especializadas e impartidos por 92 docentes con elevada cualificación profesional. A formación organizouse en dúas modalidades principais: aula virtual, con 125 cursos, e teleformación, con 104, o que permitiu adaptar os contidos ás necesidades de flexibilidade horaria e xeográfica do alumnado.
Con este plan, o Clúster reafirma o seu compromiso coa creación de perfís coas competencias e habilidades tecnolóxicas que demanda o mercado, cunha estratexia formativa que aposta pola calidade, a reorientación laboral e a especialización, en palabras da agrupación “factores clave para cubrir as vacantes do sector e avanzar cara a unha comunidade máis preparada para afrontar os retos estratéxicos presentes e futuros”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?