Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galiciencia recibe o Premio de Divulgación Científica 2025 da RAGC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galiciencia recibe o Premio de Divulgación Científica 2025 da RAGC

S. P.
Publicado: 08/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiciencia1-14.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) acordou conceder “por unanimidade” o Premio RAGC de Divulgación Científica 2025 a Galiciencia, a maior feira científica da nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole. Este ano celebra o seu 20 aniversario, dúas décadas dedicada á promover as vocacións científicas e técnicas entre a mocidade, en particular entre o alumnado de Primaria, Secundaria, FP, Educación Especial e Bacharelato.
A Academia destaca o seu “magnífico labor de potenciar, divulgar e comunicar a ciencia, fomentando o o espírito innovador e emprendedor entre os participantes e contribuíndo ao desenvolvemento de vocacións científicas entre a mocidade”. Os membros do xurado poñen de relevo que se trata dun “ambicioso proxecto, que combina diferentes accións, cun elevado impacto no alumnado de toda Galicia”.
Unha iniciativa pioneira en Galicia
galiciencia4-6.jpg Galiciencia botaba a andar en 2006 como unha iniciativa pioneira na nosa comunidade co nome de “Expociencia”. Daquela, salientou a RAGC, “reunía a pouco máis dunha ducia de proxectos nunha única xornada, mentres que na actualidade supéranse o centenar de propostas durante tres días, tanto de xeito presencial como online, amosando o talento que se agocha nos centros educativos de Galicia e doutras comunidades autónomas”.
A RAGC destacou tamén que “durante este tempo, Galiciencia logrou consolidarse como unha cita de referencia para a mocidade, que presenta proxectos e solucións creativas e moi innovadoras”, ademais “cada edición dedícase a unha temática diferente, abordando aspectos de interese para o conxunto da sociedade como a saúde do planeta, a alimentación e os bos hábitos, a sostibilidade, as novas tecnoloxías… cunha especial preocupación pola igualdade de xénero e a diversidade”.
Nesta edición, que se celebra a vindeira semana, apóstase pola Neurociencia e a saúde mental como fío condutor.
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, agradeceu á Real Academia Galega de Ciencias a concesión deste galardón a Galiciencia en recoñecemento á súa traxectoria como iniciativa que, co apoio da Xunta, esperta o interese pola ciencia e a tecnoloxía na mocidade galega. 
Pola súa parte, o director xerente de Tecnópole, Javier Taibo, amosou a súa “enorme alegría e satisfacción” por esta distinción. “O Parque foi un dos primeiros en incorporar no seu obxecto social, xa en 2012, a promoción da ciencia a través das actividades de divulgación científica. Detectouse a necesidade de fomentar o talento e a innovación desde idades temperás para que a mocidade poida emprender e, por que non, quedarse en Galicia e instalarse no propio Parque. Co paso dos anos, Galiciencia foi medrando e, en cada edición, comprobamos que aumenta ese espírito emprendedor entre a rapazada. Contamos cun magnífico equipo de divulgadores que deseñan un completo e atraente programa de talleres, espectáculos de ciencia, concursos, retos científicos… É incrible ver como mesmo os máis pequenos se implican e nos amosan propostas realmente sorprendentes”, sinalou Taibo.
O xurado desta edición estivo composto polos académicos da RAGC Ángel Carracedo, que actuou como presidente; xunto a José Antonio Redondo, Antonio Rigueiro, Félix Vidal e Fiz Fernández.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?