Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno desenvolveu este ano 85 actividades sobre TIC nos centros educativos de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno desenvolveu este ano 85 actividades sobre TIC nos centros educativos de Lugo

S. P.
Publicado: 08/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

plan_director_de_convivencia_lugo.jpgA subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, fixo balance dos fitos acadados na provincia polo Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna, que contou con 8.957 participantes no primeiro trimestre de 2025.
Isabel Rodríguez presidiu a reunión de análise do programa, no que xa participaron nos tres primeiros meses do ano o 77% dos centros educativos da provincia (147 de 191), o que, dixo, “supón un incremento do 7,3% respecto ao mesmo período do exercicio pasado, cando presentaron solicitude 137 centros”.
O número de participantes tamén se incrementou un 36,6% respecto ao primeiro trimestre do curso pasado. Entre xaneiro e marzo deste ano rexistráronse 8.957 participantes (7.910 estudantes; 558 familias; e 489 docentes) fronte aos 6.559 asistentes do mesmo período de 2024 (5.589 estudantes; 642 familias; e 328 docentes).
Entre xaneiro e marzo de 2025 leváronse a cabo 277 actividades en centros lucenses, 125 desenvolvidas pola Policía Nacional e 152 organizadas pola Garda Civil. Entre outras materias, realizáronse sesións sobre TIC e Ciberseguridade (85); sobre acoso e ciberacoso escolar (52); ou adiccións a substancias ou xogos (29). A violencia contra a muller, con 34 actividades, ou a prevención de delitos sexuais, con 14, foron outras das temáticas principais das actividades deste trimestre.
Durante 2024 houbo 740 actividades en 164 centros, con 27.875 participantes. Delas, destacan 188 que foron sobre TIC e ciberseguridade; 128 sobre adiccións; 54 sobre violencia contra a muller; e 158 sobre acoso e ciberacoso escolar.
Isabel Rodríguez sinalou os beneficios do Plan Director para “alcanzar a sensibilización e formación sobre os riscos das novas tecnoloxías, a xestión da intimidade e a seguridade nas redes sociais, e concienciar sobre a importancia da educación en igualdade”.
A subdelegada agradeceu tamén a implicación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado en labores formativos así como o interese mostrado pola comunidade educativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?