Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG achega a computación cuántica a estudantes de FP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG achega a computación cuántica a estudantes de FP

S. P.
Publicado: 08/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

080_itg_wirtz.jpgMáis de medio centenar de estudantes de Formación Profesional participaron nos obradoiros de computación cuántica impartidos polo ITG ao longo dos últimos meses. En concreto, foron un total de 65 alumnos e alumnas de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico e da FP básica de Electricidade e Electrónica do IES Urbano Lugrís e do Curso de Especialización en Intelixencia Artificial e Big Data do IES Fernando Wirtz, ambos na Coruña, os que recibiron formación por parte de expertos do ITG.
Esta iniciativa forma parte de ARQAdemia, o programa de capacitación en computación cuántica e tecnoloxías disruptivas dirixida a alumnos de FP, no que o ITG forma parte como un dos tres centros tecnolóxicos de excelencia investigadora Cervera en Computación Cuántica en España, o único en Galicia. Así, durante o mes de abril, no que se celebrou o Día Mundial da Cuántica, desenvolvéronse as primeiras sesións de ARQAdemia, coincidindo ademais co Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuánticas.
160_itg_wirtz.jpgA rede ARQA, única Rede de Excelencia Cervera en Computación Cuántica, está integrada polo ITG, CTIC e EURECAT. Céntrase na investigación e aplicación da computación cuántica a problemas concretos de clasificación, optimización, e IA xenerativa, que se materializarán no desenvolvemento de tres demostradores específicos: clasificación de imaxes satelitais, optimización da repartición enerxética nunha comunidade enerxética, e a detección de fraudes en imaxes xeradas con IA xenerativa. Todo iso, coa criptografía como disciplina transversal a todo o traballo investigador.
ARQA, ademais, pon o foco en achegar a cuántica á sociedade e promover a súa comprensión, así como na atracción e desenvolvemento de talento. Froito deste obxectivo nace ARQAdemia.
400 estudantes galegos formados en tecnoloxía en 2024
Ao longo de 2024, 400 alumnos das etapas de Secundaria, Bacharelato, Universidade e Posgrao de toda Galicia tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo do centro tecnolóxico con sede na Coruña.
Na etapa de Formación Profesional, o ITG colabora co IES Urbano Lugrís, da Coruña, no proxecto FP Innova sobre medición con drons da cobertura 5G nas proximidades dunha antena de comunicacións. Nesta iniciativa, organizada pola Xunta de Galicia, o ITG ofrece aos estudantes participantes as súas instalacións e soporte técnico para a execución dos voos dos drons, así como o desenvolvemento dunha aplicación de Realidade Aumentada. Ademais, estudantes deste centro, así como do IES Fernando Wirtz acoden a ITG a realizar prácticas.
Próxima edición da Liga Maker Drone
A Liga Maker Drone, impulsada polo centro tecnolóxico ITG e a Fundación Barrié, é unha iniciativa pioneira na que estudantes de 2º curso de Educación Secundaria de centros de toda Galicia desenvolven unha solución dron para dar resposta a un reto de carácter social. Esta competición xa consolidada promove, a través dunha experiencia participativa e estimulante, converter aos estudantes en actores activos en aplicacións tecnolóxicas, estimulando o seu interese, creatividade e autonomía.
Así, na última edición da Liga Maker Drone, o alumnado con interese en carreiras STEM pasou do 54% ao 83% tras a súa participación na competición. En maio deste ano terá lugar a súa cuarta edición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?