Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Enxeñaría de Telecomunicación presume nos LPRO Days de 13 proxectos creados polo alumnado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Enxeñaría de Telecomunicación presume nos LPRO Days de 13 proxectos creados polo alumnado

S. P.
Publicado: 09/05/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_telecomunicacons_lpd3.jpgA Escola de Enxeñaría de Telecomunicación fixo gala esta semana do talento do seu alumnado nunha nova edición dos LPRO Days, un evento concibido a modo de feira tecnolóxica no que cada ano danse a coñecer os proxectos impulsados e materializados polas/os estudantes que está a piques de titularse. En total, o alumnado da Escola deu a coñecer 13 proxectos tecnolóxicos desenvolvidos por 66 estudantes baixo a atenta mirada dun equipo de 17 docentes.
Cada proxecto contou cun posto onde foi exposto o prototipo desenvolvido e no que os autores deron detalles do seu funcionamento. Este xoves atenderon ao público na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e este venres a cita será no Verbum: pola mañá para visitas de alumnado de ensino secundario e, xa pola tarde, aberto ao conxunto da cidadanía, con visita do alcalde, Abel Caballero, e entrega de premios aos mellores traballos da man de varias empresas e institución da rede conexionTeleco: Marine Instruments, Optare Solutions, Quobis, Gradiant e CTAG.
uvigo_lpd2.jpgComo cada ano os proxectos abordan unha gran variedade de temáticas, pero, segundo informou a Escola de Telecomunicación, na edición deste ano constatouse o uso cada vez maior da Intelixencia Artificial, algo que xa se viña producindo desde hai uns anos.
Un dos traballos que máis chamou a atención entre os visitantes foi Vía Plus, un sistema de detección en tempo real de fochancas en estradas mediante sensores, un sistema dotado dun servidor que amosa nun mapa a súa localización xunto cunha fotografía. “Enviaremos informes ás entidades responsables para que sexan conscientes da gravidade e realicen as reparacións con rapidez”, explican os autores, ao que engaden que o seu obxectivo é “mellorar a seguridade viaria e evitar calquera tipo de dano”.
Outro dos traballos foi Lossn’t, un dispositivo baseado na tecnoloxía RFID dirixido a que o usuario ou usuaria poida localizar os seus obxectos persoais (maletas, mochilas, maletíns…). “Mediante unha aplicación poderá saber se o obxecto, ao que previamente engadiu un adhesivo RFID, está entrando ou saíndo do radio de acción do dispositivo”, comentou o equipo responsable do enxeño.
uvigo_telecomunicacions_lpd1.jpgOutras propostas destacadas foron ASCi, un proxecto orientado á adaptación de ascensores para a inclusión de persoas con mobilidade reducida mediante a sensórica e o uso dunha aplicación móbil; Hestia, orientado a potenciar a autonomía das persoas maiores e ofrecer tranquilidade ás súas familias, mediante recoñecemento de obxectos, detección en tempo real de caídas, xestos para solicitar axuda e integración con altofalantes intelixentes; ou Save Step, un sistema de asistencia para persoas invidentes.
Entre os proxectos mostrados tamén figuraba Robotopo, deseñado para actuar a modo de ponte de comunicacións entre persoas atrapadas baixo cascallos e equipos de rescate durante emerxencias, ou Acusafe, un sistema de detección temperá de afogamentos que emprega cámaras térmicas e procesado de imaxe para identificar persoas en perigo.
A xornada no Verbum inclúe, a partir das 18.00 horas, o acto de clausura e entrega de premios. A apertura do acto correrá a cargo da directora da escola, Rebeca P. Díaz, e contará coa participación do alcalde Abel Caballero, e o director de atlanTTic, Martín Llamas, así como os representantes das empresas, que serán os encargado de repartir os galardóns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?